miércoles, 18 de julio de 2012

Análise de cómo afectaría a reducción do 30% de concelleiro/as

Unha das reformas anunciadas por Rajoy é a reducción nun 30% de concelleiro/as nos concellos. Esta reducción, aínda que implica un aforro en soldos, que realmente non é moi importante, a lo menos, non tan imporante como a outra reducción (incriblemente pouco ou nada publicitada nos medios) da que xa falaremos, ten outras implicacións.
Nalgúns medios fálase de que esta reducción o que fará será fomentar o bipartidismo e eliminar ás forzas pequenas. Para comprobar isto, fixemos unha simulación cos resultados do ano 2011 en Teo para saber, con esta reducción, cómo quedaría o número de concelleiro/as no Concello.

Imos por partes. A Teo, polo seu número de habitantes, correspóndelle 17 concelleiros. Coa reducción do 30% serían 11 concelleiros (feita a conta, axustamos ao número impar máis próximo).

Os resultados no ano 2011 foron estes:

Ano 2011. Total votos: 10501
 
Partido VOTOS % Concelleiro/as
BNG 4740 45,14% 9
PP 3607 34,35% 6
PSOE 877 8,35% 1
InTeo 797 7,59% 1


Se facemos a simulación con estes mesms datos, e aplicando a Lei d'Hont, obteríamos esta distribución:



Partido VOTOS % Concelleiro/as
BNG 4740 45,14% 5
PP 3607 34,35% 4
PSOE 877 8,35% 1
InTeo 797 7,59% 1




Como vemos, cambia bastante a situación no sentido de que o BNG perdería a maioría absoluta e os dos partidos minoritarios: PSOE e InTeo manterían os seus concelleiros, pero con máis forza se cabe; lembremos que isto sería mantendo o mesmo número de votos.

Esta simulación vota por terra os argumentos dalgúns medios sobre a perda de representividade dos grupos pequenos. Realmente, a reducción de partidos prodúcese cando nun concello existen moitas forzas pequenas, pero nun concello como Teo onde só se presentan 4 grupos, o que se fai é dar maior peso a eses grupos.

Para as próximas eleccións a cousa será moi interesante xa que está prevista a entrada dun novo grupo, a do actual alcalde, que se podría chamar Novo Proxecto Común (NPC), aínda que, como xa vos imos adiantar, posiblemente non será Martiño o candidato, pero esa é outra historia... O caso que nos ocupa é que con ese novo partido sí que podería haber cambios. Cómo sabelo? Fixemos unha nova simulación. Imaxinemos que os votantes do BNG se dividen a partes iguales entre BNG e NPC (imos poñer un voto máis a BNG para evitar empates). Nese caso, a distribución de votos e concelleiros sería así:



Partido VOTOS % Concelleiro/as
PP 3607 34,35% 4
BNG 2371 22,58% 3
NPC 2369 22,56% 2
PSOE 877 8,35% 1
InTeo 797 7,59% 1


Aínda que parezan os mesmos resultados, neste caso a presenza de InTeo depende de moi poucos votos (con varios votos máis a calquera das outras forzas, xa estaría fóra), e a diferencia entre BNG e NPC é debido a ese voto que lle puxemos para evitar empates. Polo tanto, a inclusión dun novo partido o que fará será mermar as posibilidades de representación dos grupos pequenos.

E para a próxima analizaremos o recorte anunciado por Rajoy e do que os medios non se fixeron eco a pesar da súa importancia económica, e que atinxe aos concellos.





No hay comentarios: