miércoles, 25 de julio de 2012

Lío de siglas no 25 de xullo: BNG, CxG, ANOVA IN....

Vaia lío de siglas neste 25 de xullo! Un xa non sabe quen é quen e entre eles deben de dubidar a qué manifestación acudir, algún hasta se equivocaría de bandeira!

Porque hai tal lío de partidos montados a raíz da escisión do BNG que un xa non sabe quen é quen... No BNG están Jorquera e Vázquez, o dúo intentando gobernar un máis co outro, na Quintana. Temos logo a Compromiso por Galicia (que lle chaman CxP para ser modernos, pero qué frikis, no fondo...) cun tal Bascuas, en Bonaval, que quería ser líder pero acabou sendo ninguneado ata por uns "renegados" chamados Anova Irmandade Nacionalista (non confundir coa empresa Anova que fai as enquisas no xornal El Correo Galelgo) liderados por Beiras e o seu coñecido, para nós, delfín Noriega. Anova intenta ser a renovación da esquerda, algo así como os guais do nacionalismo [perdón, ¿acabas de poñer nunha mesma frase as palabras "renovación" e "Beiras"?...].

E así están as cousas. E claro, con todos estos grupos desunidos, é difícil que un país saia adiante. Pero ao fin e ao cabo, estamos a falar de políticos... ¿non?


Foto: El Correo Gallego


No hay comentarios: