martes, 17 de enero de 2012

Un concello á deriva

Ante a deriva que está a tomar o concello de Teo, non nos queda máis remedio que erguernos do noso letargo para volver á nosa pequena loita... son tantos os despropósitos que se estan a producir no concello, e con tan pouca repercusión nos medios, que non nos queda outra.
Como o trasatlántico afundido, así é o futuro do concello: un capitán que abandona o barco e logo dí que gracias a el se salvaron miles de vidas, outros que foxen despavoridos, outros alegrándose da morte de anciáns, ... Parece unha película de terror, pero iso é o que temos.

No hay comentarios: