sábado, 18 de junio de 2011

WAKA-RUMOR: Os socialistas deixarán o seu local

A ausencia de dedicación exclusiva será a puntilla que lle faltaría aos socialistas de Teo para que teñan que deixar o seu local da agrupación. Non hai cartos abondo para sostelo e non parece que desde o Pino solten un peso para axudar.

Cóntannos que antes das eleccións, os gastos eran sufragados por parte do soldo dun represante socialista no concello, ao que se apartaba parte do soldo para a "causa". ¿E para que lle serviu tanto sacrifcio? Agora nin queda representante nin dedicación. Así que sen cartos non haberá nada que facer.
Pero que non se preocupen, que o noso amigo Parajó nunca tivo local e nin falta lle fixo para obter case os mesmos votos que todo un grupo con local propio. Agora terán que facer uso do local que o Concello lles reserva aos grupos da oposición.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois terán qeu volver reunirse nos bares, despois de falar tan mal dos qeu van polas tabernas, ¿e sabedes algo do pensamento de Uxía Lemus?

Anónimo dijo...

Hay unha cousa clara; o pobo votou é cos seus votos decideu:
Guste ou non. Que Inteo, o PsdG e o PP non acadaron os resultados que pretendian..........bueno.
que deixen os seus locais, que non se reunan mais nas tabernas, que pensen mais nos veciños.............sería moi bó.
Ánimo que lles quedan 4 anos.