sábado, 18 de junio de 2011

Sobre as dedicacións exclusivas

Antes de que confirmase que o alcalde só ía condeceder dedicacións exclusivas aos membros da Corporación, xa se podía adiviñar este punto, como fixemos por aquí. O tema das dedicacións exclusivas sí, dedicacións exclusivas non para a oposición, estivo xerando debates antes de coñecerse a decisión.

Por unha banda, uns alegan que á oposición, nin auga. Outros, que a oposición merece algunha axuda económica para que poida desenvolver o seu traballo. Tamén se apuntaron temas de vinganza política, vellas rencillas, etc. Outros apuntaban que se o BNG non concedía dedicacións exclusivas á oposición, os alcaldes dos concellos da comarca deberían de facer o mesmo (o PP de Santiago ou de Ames, por exemplo) e non dar ningunha ao BNG.

¿Cal é a nosa opinión? Sinceramente, non coñecemos abondo o asunto, pero entendemos que un Concello debe de contar cos mellores concelleiros para saír adiante, e se cadra o mellor xeito de logralo é que se involucren ao 100% na súa labor como concelleiro. Un concelleiro que non ten unha dedicación exclusiva, é moi difícil que poida estar ao 100% dedicado ao Concello. E nós como veciños esiximos que os nosos representantes o dean todo polo Concello.Polo tanto, apoaimos que tódalas dedicacións exclusivas sexan para os que van gobernar.

¿E que ocorre coa oposición? A oposición debe plantexarse que se está aí é porque o pobo así o quixo. E como pobo que somos, non queremos que os nosos cartos vaian a quen non nos representa. Esta afirmación habería que matizala, pero pensemos en qué diriamos se Martiño lle dera a Parajó ou á representante do PSOE unha dedicación excludiva. ¿Veriamolo lóxico? Cremos que non.

Como tódalas cousas, todo é matizable pero non cremos que o alcalde se equivoque. Agardamos que isto faga que os concelleiros traballen mellor e que cando queiramos ir falar con eles, estén sempre no seu despacho, porque agora xa non terán escusa para non estar.

Por último, sinalar que segundo saía na prensa, a oposición non se queda sen un can, senón que, <> (La Voz de Galicia)

Nada máis que engadir. O que se metera este ano na política pensando que ía "chupar do bote", que se olvide.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Dedicacions exclusivas aos Ppeiros?.
Ah, sí.......
Dedicación exclusiva de camiño prá que Guerra vaia a pasear polo Boulevard que leva dende os Tilos a Cacheiras.
Había outra pensada prá Fandiño, (Dedicación exclusiva a bares e tabernas),pero non poido ser.
A dedicación real de Guerra debería ser cumplir coa sua palabra "Falarei despois do 22M........¿comeulle a lengua o gato?.
Falando de lenguas; dín as malas (lenguas), que a Guerra non o quere ver ninguén do PP, que sinten vergoña agora...........

Anónimo dijo...

Guerra non ten a culpa do resultado das eleccions, o pobo é sabio. Aceptou o que lle impuxeron e perdeu, pero debería ter un pouquiño de persoalidade e dar a cara.
Falar e decír o que pensa, o que lle fixeron, o que fixo mal, etc,etc.
Pero penso que non o fará non ten o que hay que ter, así dalle mais razón a os que non lle votamos, pero si o botamos.

Anónimo dijo...

Se puede hacer oposición sin dinero...con ganas de trabajar y si se quiere tanto al portido se pone dinero del bosillo y solucionado...yo creo que los del PP al ser empresarios tienen bastante dinero para hacer oposición estos 4 o 16 años...porque lo del bloque va para largo

Anónimo dijo...

A ver, imos a ser serios. A oposición ten mais votos que o bloque. Non son para despreciar todos eses votantes.
Por outra parte o que se lle paga á oposición por asistencia a plenos e comisións, está estipulado por lei, non o da Martiño, que quede claro.
Do mesmo xeito, o bloque, tanto di que está aforrando mundos e moreas, pois se na anterior lexislatura gobernou con tres dedicacións exclusivas e unha parcial, a partires dagora vai a ter cinco. ¿Non debería gobernar con menos para aforrar?. ¿onde temos os ollos?. É o mesmo, tanto da manter a 3 como a cinco......Xa non vale o tan manido:"e ti máis...".

Ricardo Calvelo dijo...

Eu simplemente leia os vosos tags, non me metín no medio e menos opinei no voso Blog, por unha serie de razons cicais lóxicas ou polo menos prudentes.
Obviamente opinei noutros perfiles, decindo cousas boas, malas, algunhas coherentes outras acaso non.
O que verdadeiramente me jode un pouco (un pouco nada mais, non pensedes outra cousa), é que por mostrar unha opinión totalmente contraria aos pensamentos deste Blog, se me elimine de el. Pero bueno, acostumado estou a esas cousas...........(pluralidade, diversidade de opinión, respeto ás ideas ou comentarios dos demais gosten ou non, etc).
Leinvos moitas críticas, con algunhas estaba de acordo, con outras menos, pero nin me imaxinaba a vosa falta de ética (coma blog público), a vosa falta de seriedade, a manipulación que levades (dades unha de cal é outra de area pero sempre para o voso interés), pero os vosos fins e as afinidades que tendes están moi claras. Non tentedes engañar a ninguén. Saudos.
Ricardo Calvelo.

DESBLOQUEAR TEO dijo...

Ricardo: Se este comentario vai dirixido a nós, estás errado. Nunca censuramos comentarios, salvo que haxa insultos de por medio.
Non entendemos o que queres dicir no teu comentario posto que non se che eliminou deste blog. E así o manifestamos agora publicamente.
Loxicamente, entendemos que moitas das nosas opinións poden ser discutibles, pero para iso son opinións. Pero non por iso censuramos a ninguén, e se nos segues, poderías ver que ata os comentarios que nos poñen "verdes" non os eliminamos.
Así que, repetimos, se o teu comentario vai dirixido a nós, non o entedemos.

Ricardo Calvelo dijo...

Obviamente vai dirixida a vos, se non fose desa maneira me dirixiría a outros.
Non sei si me eliminastedes porque son molesto ou recibistedes ordes da superioridade (quédome co segundo).
Repito, reitero e despois da vosa resposta chea de evasivas, mais parecida a un lavado da vosa imaxe que a unha resposta clara, concisa é concreta...vos vou a preguntar de novo:
¿Si como decides NON CENSURADES........por qué se me eliminou?.
A preguntas directas........respostas concretas....
bueno, si a "autoridade superior o permite".

DESBLOQUEAR TEO dijo...

Como queres que sexamos claros e concisos, repetímosche que non tes razón, porque non che suprimimos ningún comentario, e tampouco aparece marcado como SPAM no Blog. Simplemente, non chegaría. Así que se o queres poñer de novo, asegurámosche que aparecerá publicado.
O que non entendemos é o da "autoridade superior", fainos gracia. ¿A quen te refires? Porque non hai máis autoridade que nós mesmos. E quen nos segue, ben o sabe. E fainos gracia porque nos puxeron moitas etiquetas, moitas veces equivocadas, pero cada quen que pense o que queira.
O que non podemos permitir é que nos tachen de censuradores cando aquí todo o mundo, de tódalas ideoloxías, puxo o que lle veu en gaña. E só eliminamos comentarios que eran ofensivos contra persoas concretas, o cal si que non toleramos e pensamos que ti faria-lo mesmo.

Ricardo Calvelo dijo...

Bueno, coma sempre serán os duendes.......pero a bó entendedor poucas palabras.
A ver si só me respondedes a unha pregunta (despois pode haber mais), unha pregunta CLARA, CONCISA é MOI CONCRETA:
PREGUNTA:
¿PPor qué se me eliminou?......
Ollo en duas cousas;
1.- Hay testigos.
2.- Non se me trabou a "P".
P.D.: Por certo...........Obviamente coas vosas amizades ...........eu non encaixo, "pero eso podemolo falar, non estou pechado a cobrar unha exclusividade".
Ricardo Calvelo. "Cacho dixit".

Ricardo Calvelo dijo...

Por certo;
Eu falo despois do 22, falo o 23, e cando desexedes, pero falo (de falar, non do sindrome que teñen alguns), consecuentemente, congruentemente, é incluso conciliadoramente.............
Porque eu si tiven que petar ás portas o fixen, pero nunca a cambio dun voto.
Ademais nunca pedín algo por trece moedas, ou dun cubata nunha taberna.
Oubesedes quedado moito mellor si na resposta ao primeiro comentario meu me dixesedes..........."Non reunes o noso perfíl".
Polo menos seriades "LEGAIS, Lexitimos, ou simplemente sinceros".
Pero imaxinome que vai no voso sangue, Ides de Cáritas Diocesana e sodes .............
Saudos.

Anónimo dijo...

Calbelo................Eres a ostia.

Anónimo dijo...

Calvelo con V de VAliente