miércoles, 19 de octubre de 2011

Pasear por Teo, tarefa perigosa

Pasear por Teo estase a converter nunha tarefa moi perigosa, pois á falta de visibilidade e falta de beiravías, a maleza que se pode ver nalgúns puntos fai que a persoa que camiña pola estrada eña que invadir boa parte dela, o que fai a risco de ser atropelado.
A todo isto hai que sumarlle que cada vez hai máis xente que está a usar as estradas como campo de entrenamento, ¿quizais para participar na vindeira Carreira Pedestre?, e é habitual ver en zonas como Augas Mansas moitos destes "corredores" que non usan a beirarrúa (acera) senón a beiravía (arcén).
Por útlimo sinalar que, como xa apareceu algún xornal, a Garda Civil estaba a multar á xente que circulaba pola noite sen o chaleco reflectante. Trátase dun bo xeito de concienciar. á xente para que faga uso deste elemento que en moitos casos é vital para ser visto por un/ha conductor/a.
¿Qué pode facer o Concello? En primiero lugar, limpar as beiravías, cheas de maleza de novo, tralo verán. Tamén habería que pensar en mellorar a iluminación de certas zonas do Concello; non para ver, senón para ser vistos. Tamén podería establecer controis coa Policía Local para "aconsellar" a esta xente a que use o chaleco reflectante.
E, por que non, facer unha campaña do uso do chaleco, da man de Protección Civil, como regalando este elemento en lugares públicos como o Concello, Centro de Saúde, etc. Se na anterior campaña se regalaron libros, por qué non chalecos. Hai anos unha entidade financeira xa os regalaba, o cal sempre nos pareceu unha grande idea.

No hay comentarios: