martes, 1 de noviembre de 2011

Policia Local: pola porta de atrás

Moitas veces temos comentado aquí que era habitual ver os coches da Policía Local, Protección Civil e ata o coche de Bombeiros do Concello, aparcados nas inmediacións da cafetería Che do Montouto, a primeira hora da tarde, normalmente, para tomar ese cafeciño...
Non sabemos si tivemos algo que ver, pero o caso é que hai tempo que xa non se fan ver por estes sitios, quizáis porque chamaban moito a atención. 

O caso é que este luns tivemos a oportunidade de observar un movemento estraño da Policía Local. Un coche patrulla, a ido das cinco da tarde, metíase na zona de aparcadoiro da cafetería Vabel (enfrente ao Che) e aparcaba detrás do edificio, non no aparcadoiro mesmo (onde agora se pon a famosa "pulpería" os sábados), senón detrás, totalmente agochado. E logo, dous axentes saían do coche e accedían á cafetería pola porta de detrás, dando a sensación de que toda a manobra está pensada para que ninguén os vexa.

¿Terán ordes de que non deben estar nas cafeterías de forma tan evidente como facían agora diante do Che? A cousa, desde logo, rara é. E nós só nos facemos eco dela para que nos deades as vosas opinións.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu opino que andan a rascar porque non teñen moito que facer. O problema non é que tomen o café senón que se agochen.

Anónimo dijo...

Ou pola ventana ou polo balcón, eiche d'ir a ela, que queiras que non........