domingo, 2 de enero de 2011

Accidente de tráfico en Teo

Damos nota dun accidente en Teo, do que nos envíain imaxes. O primeiro día do ano 2011, ás 15.00H tivo lugar un accidente de tráfico na zona de As Galanas. O accidente parecía máis grave do que realmente foi, debido ao despregue realizado.
No accidente resultou ferido un mozo ao bater a súa moto contra un coche que nese momento facía un cambio de sentido á esquerda. O mozo foi trasladado en ambulancia e o conductor do coche puido saír polo seu propio pé, aperentemente sen danos.
O que nos din é que o despregue foi bastante espectacular para tratarse só dun choque entre un coche e unha moto. A contar, e por orde aparición (a orde de aparición é importante):
  1. Garda Civil de Ames
  2. Ambulancia Asistencial do 061
  3. Ambulancia Medicalizada do 061
  4. Garda Civil de Tráfico
  5. Bombeiros de Santiago
  6. Bombeiros de Brión
  7. Protección Civil de Teo
  8. Policía Local de Teo

Nós notamos algo extrano... ¿A Policía de Local de Teo chegando os últimos?


3 comentarios:

Anónimo dijo...

coma sempre, pra cobrar son os primeiros, pero pa traballar os últimos.
¿ habera que pensar que E unha carga pro concello esta policia local?
habera en pensar de disolvela?
habera que pensar que as culpas son do Alcalde que o Xefe da policia local ?

" HABERA QUE PENSAR "

Anónimo dijo...

Para máis "inri" o teléfono da Policía Local estaba comunicando! Era imposible contactar con eles...

Anónimo dijo...

" joder que tropa "