viernes, 31 de diciembre de 2010

Frase do ano: Vostede ten uns aparatos que non lle collen na bolsa (Armando Blanco)

Os políticos de Teo sempre dando que falar. Non podiamos rematar o ano tranquiliños, non. ¿E o espírito navideño que? Por Teo non debe andar...

Deste pleno podemos atopar multitude de informacións e opinións que resumimos así.


Teo cierra el año con un pleno bochornoso y subido de tono (El Correo Gallego)

La euforia a que suelen conducir las comidas navideñas pasó factura a alguno de los concejales intervinientes. El portavoz del PP, Armando Blanco, se despachó a gusto contra el Gobierno local, al que llamó de todo menos guap [...]

Vamos, que lendo entre liñas, e falando coloquialmente, o sr. Armando ía un pouco "cheo".

El punto central del debate fue la comparecencia de la edil de Cultura y Deportes, Carme Hermida.
Cincuenta minutos duró su intervención, y lo hizo echando mano de las nuevas tecnologías para no aburrir a los oyentes. 

¡50 minutos de intervención! Que paciencia habería que ter... pero a culpa é de quen lle mandou que fixera balance sen especificar nada concreto. E por certo, que por "novas tecnoloxías" entendemos o uso do PowerPoint... en fin... creo que non hai nada que comentar... (Para os interesados, podemos descargar aquí os PowerPoint da intevención; e para os moi moi moi interesados, a intervención enteira)

Cuando pasaban unos minutos de la medianoche y aún en pleno debate, el regidor levantó la sesión, momento este en que ediles del gobierno y de parte de la oposición perdían los papeles protagonizando un altercado verbal subido de tono que llevó a gente del público a intervenir para calmar las aguas.

E nós vendo "Sálvame" cando é moito máis divertido é ir a estes plenos. Para a próxima que avisen que imos con palomitas e todo.



La peor forma de cerrar el curso político (La Voz de Galicia)
Armando Blanco soltó perlas dialécticas dirigidas a Martiño Noriega tales como «vostede ten uns aparatos que non lle collen na bolsa», una afirmación que minutos después casi calcó par referirse al portavoz socialista, Jano Leis.

Non se pode negar a orixinalidade da frase, aí estivo agudo o sr. Armando.

Armando Blanco también aprovechó el pleno para afirmar, brazo en alto y palma abierta, lo siguiente: «Respecto todas as ideoloxías, eu podería cantar o Cara al Sol, pero xa o cantei antes».

Xa diciamos antes que se insinuaba que o sr. Armando ía un pouco cheo... E esta afirmación súa cadra perfectamente coa bandeira que lucía no seu restaurante durante o Mundial, a bandeira pre-constitucional (esa que ten a aguia).

No Blog de La Comarcal pódense escoitar as intervencións de Armando no Pleno, "Armando Blanco en estado puro". Non teñen desperdicio.

[Con motivo del artefacto explosivo que destrozó la sede del PSOE en Cacheiras] Jano Leis acusó al regidor, Martiño Noriega, de acudir a la sede demasiado tarde y solamente para dejarse ver. El regidor, en el mismo tono que Leis, le recomendó un tratamiento con Prozac.

Aí temos que darlle a razón a Jano Leis porque a actuación do alcalde xa dixemos que non foi correcta; se él non podía ir, algunha representación do Concello tería que estar o mesmo día, xa que nos primeiros instantes non se podían saber as consecuencias.

Neste blog explícannos o motivo do enfrontamento entre Martiño e Jano:
O BNG de Teo amosou a súa máis absoluta indignación polas declaracións do Partido Socialista [...], nas que acusaban á organización frontista de terroristas e non apoiar ao PSOE despois do atentado. [...] Leis sofre algún tipo de desconexión coa realidade. [...]
Renato Núñez considera que "afirma que non todo vale e debería rectificar ou dimitir como portavoz do PSOE".



No blog do Azotador podemos ler unha crónica taurina dos feitos, que ten certa gracia. Recomendable.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Desde aquí pido que sexa publicado o manifesto firmado pola señora Carme Hermida a favor dos independentistas que hai uns anos fixeron explotar unha bomba en Santiago de Compostela e no que se solicita a súa liberdade!!