jueves, 7 de julio de 2011

Mala política coa supresión do concurso cabalar

Non é doado facer unha política de contención de gastos e contentar a todo o mundo. Pero hai cousas que identifican a un Concello e a un xeito de vida, o que se lle chama Cultura, e que sempre de debería de protexer. E o concurso cabalar é un deses casos. Non só polo que representa, senón pola imaxe que de Teo tense desde fóra. Sería inconcebible, por exemplo, que non se celebrara a rapa das bestas de Sabucedo, ou a feira cabalar da Ascensión en Santiago.
Hai cousas que se deberían de protexer porque facéndoo estamos a protexer a nosa cultura. E o caso é moito máis "sangrante" cando un partido como o do BNG  defende a independencia de Galicia. ¿Indepedencia para que? ¿Que quedará en Galicia se non protexemos o noso? Non se sostén unha cousa coa outra.

Se xa criticamos a decisión de Ames de eliminar o MillaRock, agora criticamos con toda a nosa dureza a supresión do consurso cabalar de Teo, cando hai uns días o Concello loubábase de colaborar con "Música na noite", que non é máis que outra manifestación cultural.

Un mal camiño o que se está a tomar en Teo se empezamos por suprimir as tradicións. E estamos a falar só de 20.000 € que para o alcalde supón "un forte investimento de fondos propios e recursos humanos do propio Concello". Non sabemos as cifras de Música na Noite, se alguén as tén, que as publique, máis que nada para comparar.

Para finalizar... nunca asistimos á feira cabalar de Teo e, de feito, non nos interesa moito, pero iso non quita que defendamos o que pensamos é noso e dos nosos pais e avós; en Teo sempre houbo tradición cabalar e deberiase seguir mantendo.

Notica en La Voz:
Teo suprime este año el concurso caballar por razones económicas

13 comentarios:

Anónimo dijo...

que raro que ninguén faga ningún comentario a isto ¿non?
Eu tamén pregúntome: ¿canto custou Música na Noite?
A ver se alguén le isto e nos contesta...... Vai a ser que non.

Anónimo dijo...

Pero esto dos cabalos non o leva un dos do PP de Teo?

Anónimo dijo...

o DE MÚSICA DA NOITE PAGASE DIRECTAMENTE COS BENEFICIOS QUE DA EN SÍ O FESTIVAL.... PENSEMOS NA XENTE QUE VAI A ESTE FESTIVAL E CANTA VAI A DOS CABALOS....A AFLUENCIA DE XENTE É MÁIS QUE NOTABLE ... CUESTIÓN DE QUE NON HAI CARTOS POARA TODO E ALGUNS PARTIDOS POLITICOS SE APROVEITAN DE ISTO

Anónimo dijo...

mirade o o de Musica na NOite, non che e mais que outra blocada, mirade que esta , e estubo sempre o frente deste espectaculo, son todos os bloqueiros, os bloqueiros de sempre de Teo o seu presidente o tal Porto, estache metido na asamblea locval do BNG de Teo, so e un dos dirixewntes do bloque de Teo.. pero hay mais, o Tucho de Sollans, membro do bloque e podedelo ver nas listas do bng, vai en todas as convocatorios...e así toda a calaña do BNG,

para eses hay cartos, para o otro non, Noriega non quere saber nada de cabalos, eso don lle da de comer os seus.. os seus hay quie darlle de comer cos cartos de cultura... os grupiños esos como " medo me da" e outros, nada mais que militantes do BNG de Teo a eses e os que teñen contentos pra que espallen as corrtentes nacionalistas, pero os de Teo estanos ben, oa final e o que quixemos non nos queda mais que aplaudir e calar e jodernos....QUERIAMOS NACIONALISMO, POIS TEREMOS NACIONALISMO e mantemento dos vagos e maleantes nacionalistas, e todo eso cos nosos cartos...ALGUN DIA TEO DESPERTARA, pero mentres os osutros concellos depègan e op nosos queda na cuneta.....pero así somo os teenses.......non queda outra.

Anónimo dijo...

Como vos jode que governe o bng...pois a joderse ...prefiro 1.000 veces esa música e non as festas da xuventude coa panorama e a paris de noia.... longa vida ao sr. noriega e o seu goberno

Anónimo dijo...

¡que maravilla! ¡canto respeto polos demais! Está claro, a consigna é: "O que non sea do Bloque que se fastidie! En Teo so hai "tarta" para os nacionalistas

Anónimo dijo...

o último comentario ten razon, xa veredes ahora cando saquen as prazs de funcionarios a quen las dan.

as de protección civil os que estan ahora de maneira ilegal, e outras co carne do BNG consolidan a praza, e masi cousas aue se secontaran....carallo co Martiño Noriega ese..........carallo con el

Anónimo dijo...

Din que os de cultura máis ncionalistas non poden ser!!!!

Anónimo dijo...

curiosa reunion onte cos do PP, non propuseron nada, daba a impresion que nos chamaron para que lles diseramos que a culpa que non habia concurso era do bloque, case nos chaman a nosos burros porque alguns non dixeron que non a ruta a cabalo cando se nos dixo no sitio co concurso habia que velos o guerra non dixo nada daba a impresion que non estaba a gusto patiño estaba co seu telefono pallas xa marchou antes antes do final a maestra atenta os que falaron foi ese eloy e a rapasa do bariloche, eses dous queren meter caña a martiño co concurso pero non teñen puta idea de cabalos, si en contra da musica da noite para os jovenes e que o concejal cobra 30 miles euros, dixo que agora habia cartos para o cuncurso que sobraban duna piscina, pois aver si ai pelas e faise

Anónimo dijo...

E este último rapás ¿estaría na reunión ou pasaría por alí e veu xente dentro?. Arre c....o parese que estivo nunha reunión da comisión de festas.... ¿Beberías unha copiña?. Eu son un dos que estivo na reunión e non se falou mal de música na noite nin se dixo que non se fora á ruta cabalar. Sencillamente se dixo que se debería de facer o Concurso cabalar. A xente que estaba alí dixo que no Concello douse por feito que non se ía a facer o concurso por falta de cartos, non se pideu parecer a ninguén nin se barallou ningunha posibilidade que fixera posible o concurso ¿ou non foi así, meu?. Eu asegúroche que non bebín. ¿E tí?......

Anónimo dijo...

O mundo dos cabalos é moi exclusivo, alguén denunciou a greenpeca o trato que reciben alguns cabaliños no antroido ao levar nas suas costas a xenerais e correos de gran embergadura

Anónimo dijo...

¿INCULTURA OU CULTURA?
Recórdovos que Teo xa ten Feira Cabalar e de gran tradición, ata e festivo local, ou logo que ven sendo o San Martiño?
Vaia oposición temos en Teo, noraboa pola política de Facebook!!algún nin sabe o posto que desempeña. Por sorte ou non, temos república para anos.

Anónimo dijo...

Este rapaz ¿de que carballo caeu? De la república independiente de su casa. Seguramente deixou a porta aberta e desnarigouse todo polas escaleiras abaixo.....¡¡república para moito tempo!!!! que risa da tía Luísa.