jueves, 20 de enero de 2011

Oleada de roubos en Teo: o Concello está tranquilo

O Concello manda unha mensaxe de tranquilidade diante dos roubos dos últimos días

18/01/2011 / Segundo informa a Policía Local e a Garda Civil do Milladoiro, nas últimas semanas, producíronse varios roubos no Concello de Teo en zonas de Calo, Os Tilos, Luou e Cacheiras. Os ladróns entraron en domicilios particulares así como en establecementos comerciais, nalgunha xornada coincidindo coa celebración de datas sinaladas do Nadal.
Fontes da Garda Civil trasladáronlle esta mesma mañá ó alcalde de Teo que xa se está incrementando a vixiancia no termo municipal. Sobre este tema manterase unha reunión de seguimento coa Garda Civil e a Policía Local a semana próxima. Segundo explican dende a Policía Local a mellor recomendación ante situación é a alerta diante de calquera movemento que poidan considerar extrano. Ademais de recomendar que se incremente a prudencia e se observen medidas de seguridade básicas a policía invita a que se traslade calquera detalle aínda que se considere de pouco interese. O teléfono da Policía Local de Teo é o 606 984 838

Fonte: Concello de Teo




Un pouco tarde, ¿non? Cando nós xa recibimos mensaxes sobre este asunto hai semanas, aínda agora é cando, tras saír na prensa, o Concello se preocupa pola situación. ¿O teléfono da Policía Local funciona? Porque hai uns días nos dicían nun comentario que sempre comunica.



2 comentarios:

Anónimo dijo...

PUES POR LUOU ANDAMOS POR CERCA DE 20 ENTRADAS EN DOMICILIOS,¿ES PARA ESTAR TRANQUIL@S?.........AZOTADOR DE LA MENTIRA.

Anónimo dijo...

por fin un comentario do azotador co que estou dacordo....