jueves, 13 de enero de 2011

Nova Lei de Augas: Os políticos xa se poñen nerviosos

Parece que a nova Lei de Augas do PP será un dos frontes políticos da temporada. En Teo xa se pode notar certo nerviosismo no clase política.
Así, o BNG está a realizar campañas informativas, en contra, por suposto, da Lei. E mentras a nós chéganos información de que a eses actos non acode ninguén, é o propio alcalde o que nos "corrixe" para dicirnos que as convocatorias están tendo moita acollida. E que seguirán realizando máis. Ata o punto de que xa teñen un calendario e todo (calendario de actos) que se apresuraron a poñer hai apenas unhas horas... E no seu local fan a recollida de sinaturas contra a lei.
Por parte do PSOE de Teo hai mutismo, non parece que lles interese o tema.
No caso do PP, os seus seguidores (que non os políticos, convén aclarar) xa están á defensiva e atacan  ao BNG. As cousas parece que non pintan tan ben de cara ás eleccións locais, esta Lei afecta a moitos veciños e non lle convén ao PP.

Lei de augas

Algúns apuntes para quen o saiba de que vai todo isto...
O que vén dicindo a lei é que haberá que pagar polo uso da auga, aínda que esta non veña da "traída". É dicir, os propietarios de pozos, minas e demáis, terán que pagar un imposto polo seu uso.

A lei é clara, textualmente: 
El canon se exigirá tanto por el uso o consumo de agua facilitada por entidades suministradoras como por el uso o consumo de agua en régimen de concesión para abastecimiento o procedente de captaciones propias,superficiales o subterráneas, incluidos los consumos o usos de aguas pluviales y marinas que efectúen directamente los usuarios.
 
¡PAGAR ATA POLA AGUA DA CHUVIA!


E case abliga a ter que instalar contadores:

La determinación de la base imponible se realizará, con carácter general, en régimen de estimación directa, mediante contadores homologados. A estos efectos, los usuarios están obligados a instalar y mantener a su cargo un mecanismo de medición directa del agua efectivamente usada o consumida.

Los usuarios que no dispongan de un mecanismo de medición directa podrán acogerse a sistemas de estimación objetiva. A estos efectos, se entenderá que un usuario se acoge al sistema de estimación objetiva cuando una vez transcurridos seis meses desde la entrada en vigor del reglamento que desarrolle las previsiones de la presente Ley en materia de tributos no disponga de mecanismo de medición.

Resumo: se non pós contador, terás que pagar en base a unha estimación. A Lei parece clara.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

gustariame aclarar un tema.

candi se di que " teña mais xente que nas outras reunions que fixo cos veciños " referiame a unha que se chamaba algo asi como " O veciño pregunta e o alcade responde "

tamen se fixeron po las parroquias, pero parece que non habia moitan gaña de escoitar o alcalde, por eso so foran como moito 3, 4 , 5 persoas, e en Calo solo unha.

supoño que esta tren mais importancia porque lle intersea directamente os veciños, pero dende logo non por ver o alcalde, eso xa quedou demostrado.

PREGUNTA. por favor explicade o temaq.
Si temos un pozo na finca lle poñemos un contador, donde ten que estar ese contador, na calle?, temos que levar mangueira de auga hasta a porta da finca e logo traela de volta pra casa?
que correo con esos gastos?
supoño que será una broma, pero por si acaso.

Anónimo dijo...

De broma nada... a lei é a que é, e así está redactada. O contador corre por parte do interesado e ten que estar homologado. E se non pós contador, faranche unha estimación.

DESBLOQUEAR TEO dijo...

As convocatorias do BNG polas parroquias de Teo están a ter moita aceptación, tanta, que os locais se lles están quedando pequenos.
Unha boa iniciativa que os outros grupos deberían de imitar, pero que supoñemos non fan porque non teñen xente con ganas de traballar.

Anónimo dijo...

Hai que recoñecer que as charlas que os do BNG están a facer polas parroquias polo asunto ese da lei de Augas están a ser un exito. Preguntadelle aos veciños de Lampai, lugar onde fixeron a ultima. A xente con cabia no local. E eso es así porque é un tema que interesa porque afecta dirfectamente aos veciños. Uns, os do PP no as farán porque esa lei a promove precisamente o seu partido dende a Xunta. Outros, os do PSOE, ou non se enteraron de nada, ou lles parece ben ou están demasiado ocupados en acosar a Martiño, olvidando os problemas reais dos veciños, cousa á que xa nos te3ñen acostumbrados a todos. Pero o certo e que están a ser un éxito e son os propios veciños os que estan a traballar activamente na recollida de firmas. Si eso é asi, e porque interesa, a información e boa e ninguen se atreveu a edesmongtala ainda. O certo é que está a se4r un exito, a xentge agradece a información e penso que tgamen esta a valorar quen traballa preocupandose dos problemas reais en quen solo fala e trata de dewsfacer.

Anónimo dijo...

Como estratexia politica non está nada mal, e estalle a saír xenial ao Bloque. ¿Os do PSOE non se enteran ou que? ¿Como pretenden gañar unhas eleccións se non se mobilizan?
Para o PP esta lei non podía saír en peor momento, pero o PP local debería de saír á palestra e convocar charlas informativas. Os veciños agradeceríano e sería unha boa forma de darse a ver...
en fin... poucas gañas de traballar por todos lados...