miércoles, 12 de enero de 2011

Nova Lei de Augas: Novo imposto aos propietarios de minas ou pozos

Informa o propio alcalde Martiño Noriega que: "hoxe ás 20.30 no local da Pontevella de Reis, está nun acto organizado polo BNG de Teo para falar da nova Lei de Augas (9/2010 do 4 de Novembro) aprobada fai unhas semanas pola Xunta gobernada polo Partido Popular.Unha lei que, amparándose na necesidade de preservar un recurso natural, grava inxustamente aos particulares (pozos,traídas veciñais) sen garantir un abastecemento público e sen contemplar un retorno dos cartos recadados no devandito abastecemento."
 


Seica os veciños xa están a organizarse en contra desta lei. É inxusta porque é o veciño o que ten se sufraga-lo gasto de face-la mina ou pozo (motores, bombas de achique, canalizacións, etc). ¿E se hai sequí hai que seguir pagando? ¿E se non se consume? Se o veciño paga, a Xunta garántelle a potabilidade da auga? Estaremos atentos ao acto. Esperamos que na web do BNG poñan máis información desta lei que afecta a moitos veciños de Teo. De momento a oposición non dixo nada (do PP é normal neste caso, pero no PSOE parace que "pasan").





2 comentarios:

Anónimo dijo...

esperemos que teña mais xente que na que mantubo en Calo, que so foi un ceciñ@.

mal, mal van as cousas

DESBLOQUEAR TEO dijo...

Segundo o mesmo BNG, non é certo que só acudira un veciño como nos comenta este anónimo.

Levan organizados dous actos polo tema da Lei.No primeiro non collía a xente no local do BNG e esgotáronse os papeis de recollida de firmas. Onte en Reis había entre 40 e 50 persoas e tamén se esgotaron os papeis para recoller firmas e pedir a retirada da devandita lei.
Quedan por realizar tres actos máis.