lunes, 31 de enero de 2011

Martiño fala da vaga de roubos

En recente entrevista  a Radio Obradoiro, Martiño falou da vaga de roubos en Teo. Entre o que dixo, destacamos:

A vaga de roubos é cíclica, ocorre tódolos anos nos mesmos meses.
Será cíclica, pero o ano pasado non existía esta vaga de roubos.

O alcalde é optimista e pensa que nuhas semanas se arranxará o problema.
Se facemos caso do que di antes, debe de ser que febreiro xa é un mes de baixa incidencia.

A orixe do problema non é tanto policial, senón que vén da crise de das políticas antisociais.
Perfecto, sacando balóns fóra e achacando o problema ó goberno central socialista...

Sobre a Xunta local de seguridade, dixo que algúns adoptan posicións oportunistas sobre a mesma, e que aínda sendo importante, non é fundamental para evitar roubos. Que por suposto a porán en marcha, pero co novo Regulamento aprobado no ano pasado.
Aquí non podemos opinar moito porque xa están mezclando temas legais e regulamentos para enmarañar máis a cousa.

Tamén indicou que os veciños falan e que ás veces establécense canles de comunicación e se fala de máis roubos que os que realmente houbo.
¿Falan dos blogs nos que nos limitamos a ser a voz dos veciños e a contar o que se fala nas rúas e tabernas?

2 comentarios:

facendo caixa dijo...

si ciclicos, pero solo en Teo, en outros concellos non hay tantos...........porque non saca a polcia local dos Tilos, donde se dedican a cargar a todo quisque por calquera cousa e con moi malos modales....e os poñen a patrullar por donde hay que facelo....seica en varias casas entraron as 17h, en pleno dia donde estaban os do uniforme...? metendo multiñas pra encher as arcas municipais?

pois pra eso non pago eu os meus impostos....cria corvos e sacaranche os ollos......pra eso e mellor non telos.... en Teo non foi nunca neceario multar a xente por deixar un chisco o coche en doble fila ou montado cas duas rodas nunha acera, deixando paso a xente de ape...nunca fixo falla.

ahora andamos os cartiños......

Anónimo dijo...

A Martiño conviñalle ler a prposta presentada polo PSOE o outro día no PLeno que foi aprobada coa abstención do BNG.
Podese ler enteira no Blog do Azotador.