viernes, 22 de agosto de 2008

Os veciños da urbanización "A Ramallosa" desamparados!

Os veciños desta urbanización atópanse desamparados e sen saber a quen recurir. O problema: falta de licencia de primeira ocupación. Recentemente contrataron asistencia xurídica.
O problema xorde cando estes veciños, dos cales estan "ocupadas" cerca de dous tercios das vivendas, a urbanización carece de licencia de primeira ocupación, co cal os veciños estan sendo suministrados con auga e luz de obra.

O concello de Teo debe entregar a concesión de licencia de primeira ocupación, pero ata que os traballos esten completamente rematados non poden facelo. E está dificil a cousa... Por unha banda, o suministro da auga ten un diámetro excaso para ese tipo de urbanización. Co suministro da luz pasa un tanto do mesmo: potencia insuficiente. Problemas dos que a promotora, Juan Sampedro, non da solucionado polo elevado custo que supera os 600.000 euros. A posibilidade de pagar esta cantidade ca urbanización próxima "Val da Ramallosa" parece pouco probable.

Os veciños, os afectados.
Despois de falar con varios veciños, teñen o medo de sufrir cortes tanto de auga coma de luz. A promotora Juan Sampedro non ten capacidade para desembolsar ditos cartos, de feito -según algúns rumores- a promotora está a pagar "en especies" con algunhas das vivendas...

O que non entendemos é se o Concello de Teo non tiña previsto por un lado a insuficiente rede enerxética para abastecer a urbanización "Val de Ramallosa" e "A Ramallosa", e por outro lado se para o concello non existe como tal esa urbanización -xa que carece de licencia de primeira ocupación- ¿como se explica que algúns veciños esten censados nela? ¿Como se pode censar alguén en algo que non existe para o concello?.
Tamen puidemos comprobar que xa habia xente vivindo na urb. "Val da Ramallosa", ¿terán os mesmos problemas? ¿Onde está o concello para buscar algunha vía de solución?
Esperamos poder ampliar as noticias según nos vaian informando os veciños.


18 comentarios:

Anónimo dijo...

EU pensei que nesa urbanización vivia xente xa vai polo menos un ano, xa que estiven a piques de pillar un deses, xa que estaban ainda ben de precio. O que si esta bastante avanzada e a do Val da Ramallosa. Pois como lles pase o mesmo... Ali seica inauguraron a Plaza dos Encontros que por cento non vin.

Anónimo dijo...

Se foran de Cacheiras, xa terían o apoio de Jano Leis, pero coma non o son, que lles den, diria él.

Anónimo dijo...

Home ese ultimo comentario, creo ke ta un pouco desfasado, non? Eso de que lles den....

Mais ben os que dixeron "que lles den" son os do BNG que son os ke estan gobernando e non dan solucións os veciños, non crees?

Anónimo dijo...

AS SOLUCIONS TERA QUE DARLLAS O CONSTRUCTOR ¿NON? POR CERTO NORMAL QUE JANO "PASE" UN DOS QUE BVIVE ALI TEN QUE VER BASTANTE CO BNG...

Anónimo dijo...

Quen,o fillo de Ismael Rego?

Anónimo dijo...

Xa, vexo ke tas moi enterado amiguiño... pero te confundes... non vive un do BNG ali, senón varios mais.... e senon non tes mais ke dar unha voltiña por aló.

De todas formas, a culpa e dese tal Jano? Vaia vai a ser ahora o culpable de todo seica...

Pero como diceina na entrada o que non entendo e que se a obra non esta "dada de alta" como é posible que si esten censados? Eso non sei como comelo... e pagan tamén os impostos?

Haber se ampliades a noticia oh...

Anónimo dijo...

Que se jodan, e antes de comprar que miren o que compran... coño!

Anónimo dijo...

- Pena que "o debate" sempre desemboque na mesma teima cabezona e insultante de hooligan BNG <-> PSOE con argumentos máis de salsa rosa ca políticos ou sociais.

- Indudablemente comprensivo o comentarista do "que se jodan". En moitas ocasións un piso cómprase sobre plano, ou cando se está a construir. Pode que pasen anos desde que se termina a construcción ata que se dean as condicións burrocráticas e demáis que permitan a concesión da licencia de 1ª ocupación. A responsabilidade é básicamente do constructor, que debe cumplir determinadas normas... sen deixar pasar anos de por medio. O problema derivado da indolencia do constructor súfreno os que compraron o piso, que se ven na tesitura de ir a vivir nunha casa sen a ditosa licencia ou agardar pola licencia vivindo nun piso alquilado e pagando o alquiler E MÁIS a hipoteca do piso rematado e sen licencia.

- Con respecto ao de ¿como se explica que algúns veciños esten censados nela? é un asunto de papeleo burocrático que -persoalmente- me importa un rábano. Aquí hai un problema: o dos veciños que carecen de auga e electricidade en condicións; o outro, o do censo é un simple papeliño...

Paixer dijo...

Fidirico, non te esforces en explicarlle nada o do que "se jodan", xa que polo que se ve ten a mesma conciencia social que un chimpance. Polo demais eu fagome a lo menos unha pregunta: ¿quen e mais responsable, o goberno que permite inicia-las obras e continua-las ou o que se atopa coa situacion xa rematada? ¿Por que se permite iniciar unha construccion onde van vivir PERSOAS se non van ter garantidos os servizo basicos? ¿Por que non se exixe a empresa constructora que presente un aval suficiente para que no caso, que como agora ocorre, non poda facerse cargo das obras necesarias, poda utilizarse para leva-la a cabo?
E chegado a este punto, ¿os propietarios teñen algun dereito ou polo contrario o feito de pasarse a bola dunha empresa constructora á veciña, destos ó concello, neste do goberno actual ó anterior, etc. vai deixar os "veciños" nunha situacion de indefension total?
Meus pobres...

Anónimo dijo...

O tema é que Val da Ramallosa firme o convenio con Juan Sampedro. Ta ben, pero...¿e se Juan Sampedro nos ten cartos suficientes para acometela obra? Estamos fodidos.
De todas formas, en Val da Ramallosa tamén está a vivir xente sin licenza de de 1ª ocupación dende finais do 2.007 (teño un parente que escriturou en Decembro), que manda carallo. Tanto monta, monta tanto.

Se non arranxan esto dunha vez, "¡¡¡a las barricadas!!!" (que diría o Che)

Ampliade a noticia. Unha aperta.

Anónimo dijo...

Pois polo ultimo que sei, Juan Sampedro, deciciu pagar a factura para que non cortasen a luz e a auga, pero claro, eso este mes... e o seguinte? Parece ser que "non ten cartos", vaia, a verdade que lle bota un morro de tres pares de collóns! E máis diante dos veciños, cando quedou con eles e aparece nun cochazo de 10 millóns! Manda carallo! Rico non será, pero pobre...

Anónimo dijo...

Nin á Urbanización A Ramallosa nin a Val da Ramallosa vanlle dar a licenza de primeira ocupación. Algún veciño desta última xa os denunciou perante o Xulgado por incumprimento, e outra xente que tiña reservada vivenda e que xa puxeran cartos, ó final as vivendas non as ven costruir e tamén deninciaron.

Parece que a Ramallosa está gafada. Tantos proxectos, tantas festas de inaguración con pulpo, gaiteiros,.... e ó final merda pra todos.

Raquel S dijo...

Si solo fuera en ramallosa........... que se pasen por Boiro y pregunten, este tio tiene problemas en todos lados y todo esto de licencias, censos en ayuntamiento, falta de pago en suministros, pagos en especies, deudas y un sinfinde cosas más no es nuevo en esta promotora, os invito a todos los propietarios de ramallosa y demás afectados de esta gente investigar un poco, con ello se darán cuenta que esto no tiene solución y que hemos sufrido una estafa en toda regla...si me tiran de la lengua le publico hasta un libro.....

Raquel S dijo...

Si solo fuera en ramallosa........... que se pasen por Boiro y pregunten, este tio tiene problemas en todos lados y todo esto de licencias, censos en ayuntamiento, falta de pago en suministros, pagos en especies, deudas y un sinfinde cosas más no es nuevo en esta promotora, os invito a todos los propietarios de ramallosa y demás afectados de esta gente investigar un poco, con ello se darán cuenta que esto no tiene solución y que hemos sufrido una estafa en toda regla...si me tiran de la lengua le publico hasta un libro.....

Anónimo dijo...

O Concello de Teo presentou unha querela criminal contra un promotor inmobiliario, por falsedade en documento público.

Anónimo dijo...

Ha salido en todos los medios de periodicos y aún el tio es el ofendido apuesto a que hay más promociones con documentación falsa

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/10/11/0003_7215459.htm

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/10/11/0003_7215458.htm

Anónimo dijo...

Joé...... isto é moi forte. Manda carallo cómo anda a xente !!!!!!!!

Ousexa, que eu pregunto:

¿En Residencial Val da Ramallosa tamén seguen sen licencia de primeira ocupación??

E que non o creo.......

Anónimo dijo...

Pues creelo amigo, esta urbanización en concreto ha salido en todos los medios ( ver enlances publicados, pero no solo se trata de esta, si no de muchas otras con los mismos problemas y mil deficiencias, desde aqui animo a todos los afectados a denunciar incluidos el resto de ayuntamientos en los que este tipo ha ido estafando, y que conste que los problemas de que pague o deje de pagar una factura de luz son minimos comparado con los pufos que va dejando