Ben, por fin un tema de interese veciñal. É un asunto que se pode ver desde varias formas. Cos datos dos que dipoñemos, tentaremos de aportar puntos de vista.
O asunto, para quen non o coñeza, é que o Concello plantexa facer unhas
instalacións deportivas na
explanada co ceminterio de Cacheiras. Desde a nosa ignorancia, cremos que se refiren ao camposanto de Cacheiras, o que está ao lado da estrada xeral. Ante esta proposta, hai dúas posturas claras:
Que SI: O Concello e algúns veciños. Nós, por exemplo, queremos estas instalacións deportivas que falta fan para todos.
Que NON: O grupo socialista, apoiando ao padroado do camposanto, composto por uns 2000 veciños. Alegan que quitaría espazo para os aparcadoiros públicos.
Ben, vexamos paso a paso as cousas.
1. O tamaño, importaAlegan os veciños que a construcción eliminaría espazos de aparcadoiro.
- ¿
Qué aparcadoiro, pensamos nós? Alí nunca se ven coches aparcados. Normalmente, un par de camións e como moito un par de coches. ¡Nin en días de feira! Como non sexa o día de Defuntos... porque nin habendo enterros se enche aquilo. Así que NON nos convence esta alegación.
- Falemos de metros. Segundo se pode ver pola cartografía, o espazo da explanada é duns
5.000 m2. O alcalde
dicía hoxe na radio que o pabillón ocuparía uns
800 m2 (falo de memoria), ou sexa,
un sexto do espazo total (isto sí o dixo). En resumo, unha opción é a que pintamos abaixo:

Se o espazo fora ese, enton cremos que os veciños terían o seu espazo dabondo e todos os veciños poderían disfrutar dunhas instalacións necesarias.
Pero, se tomamos como referencia o pabillón de Calo, e o plantamos enriba da explanada, levamos unha sorpresa, xa que midindo nos da case 2000 m2 de pabillón e a cousa quedaría así:

O espazo se reduce bastante, aínda que habería espazo para todos. Pero NON suficientes, aparte do aspecto visual. Así que este tipo de pabillón, NON nos gustaría alí ubicado.
2. ¿Lugar axeitado?Aparecían no
blog socialista referencias en cando á idoneidade da ubicación: ¡un pabillón ao lado dun cemiterio! Para nós, iso non sería ningún problema:
Primeiro: nesa explanada xa hai un parque infantil e conviven perfectamente.
Segundo: temos o caso de Calo, onde o pabillón está ao lado do cemiterio; leva así anos e que se sepa, non hai queixas. Aportamos foto aérea para que se vexa a situación en Calo:
3. ¿Goberno déspota ou veciños insolidarios?¿Volvemos atoparnos de novo co
"caso Verxeles"? Daquela, o Concello quería meter unha casa de acollida nunha zona residencial en contra dos veciños. Agora, quere ubicar un pabillón tamén en contra da opinión dos veciños. ¿Chamará tamén Martiño "
insolidarios" a estes veciños por ir, desta vez, en contra do resto de veciños?. O mesmo que as bandas rugosas, que os veciños non querían.
Como siga así, sumando os veciños de Verxeles, máis estes 2000, máis os das bandas rugosas... e todo isto en menos de 1 ano....
acabarán a lexislatura con todos
os veciños en contra!
En resumo, que todo apunta a unha manobra propagandística por parte do Concello. Este tenta facer ver, como no caso os Verxeles, que está a facer unha "boa obra" pero que hai veciños insolidarios que non queren. Isto é o que se vé desde fóra. O que falta é que alguén explique, na prensa por suposto, como pasou en os Verxeles, qué é o que realmente pasa con esa explanada; se é do concello, se é dos veciños, se se pode edificar alí un pabillón, etc. Faltan datos.