lunes, 14 de noviembre de 2011

Prediccións para o 20N

Un domingo de outono, de chuvia, convértese no mellor escenario para consultar a unha vidente polo futuro dun país. Unha vez máis, e tralo éxito acadado nas pasadas eleccións locais, consultamos a unha taróloga polos próximos comicios do 20N. Sorprendentemente, o que nos contou non se parece moito ao que predicen as enquisas que están a saír ultimamente. Nós confiamos na nosa tarotista e vos adiantamos o que ocurrirá este 20N.



Francisco Jorquera (BNG)
Parte dun presente bastante bo e parece que ten bastantes oportunidades. Quizais saque bos resultados pero iso non lle quitará que se sinta fóra de lugar, como si a nova situación se lle quedara "grande", sen saber moi ben que facer ou como actuar.



Alfredo P. Rubalcaba
O pasado non lle axuda xa que procede dunha época dura, pero ten forza e ganas e avanza con decisión cara o futuro. Sobre a súa traxectoria profesional, o tarot lle augura que o 20N non será o seu final, senón só un cambio, un punto de inflexión. Seguriá traballando nunha nova etapa política da súa vida, non suporá unha ruptura definitiva coa política. De xeito que exercerá o seu papel na oposición.



Mariano Rajoy
Ten moita forza e interés, sabe que é a súa oportunidade e que vai a gañar. Pero aínda así haberá momentos nos que se sinta só a pesar de te-lo éxito de fronte. Sentirá que lle faltan apoios. O que nos fai deducir que non obterá maioría absoluta, o que resulta sorprendente.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

e fai falta ir a tarotista pa semejantes predicións

Anónimo dijo...

Tódolos medios falan de maioría absoluta e estes móllanse e din que non terá tal maioría... ¿e se atinan, que pensarías?

Anónimo dijo...

se le subirá la moral a los populares teenses después de la victoria

Anónimo dijo...

Din que polo Pino anda un tal home que perdeu as eleccións municipáis por maioría absoluta tocando os collóns dos alí presentes para que lle dean un cargo.