sábado, 30 de julio de 2011

Ea, ea, ea! O alcalde se cabrea...

O asunto da feira cabalar parece que lle está a dar un quebradiero de cabeza ao sr. alcaldel, que ata parce que perdeu as formas. ¿Será por iso ou será por outros "problemas"? En fin, traemos un resumo da evolución deste tema e podedes xuzgar vós mesmos...

Comentabamos hai uns dias a noticia de que Teo suprime este año el concurso caballar por razones económicas
A esta noticia, as reacións non se fixeron esperar e o propio Martiño tivo que defender esta decisión na prensa, aducindo problemas económicos e falta de financión externa. Todo iso, na mesma época na que se facía Música na Noite, dous días de festa, na que o Concello colabora economicamente. Son cousas diferentes, pero a xente empezou a facer comparacións e uns síntense marxinados por outros.

O PP de Teo aproveitou este feito para meter un pouco de ruido (é o seu traballo como oposición) adoptando unha postura de defensa a ultranza do sector cabalar en Teo. Podiamos ler na súa web cousas como:

O Grupo Popular lamenta que o equipo de goberno do Concello de Teo desaproveite un evento de tanta potencialidade turística e económica para os negocios locais, sendo un dos máis célebres e populares de Galicia, que cada ano concita máis de 3.000 visitantes no municipio.

Con esta decisión o concello da a espalda aos intereses do sector, facendo oidos xordos á indignación crecente dos propietarios, afeccionados e gandeiros pola suspensión da festa cabalar.  

E no PP estiveron a manter reunións co sector, aínda que hai opinións diferentes respecto das mesmas (comentarios no noso Blog):

(Anonimo #1) curiosa reunion onte cos do PP, non propuseron nada, daba a impresion que nos chamaron para que lles diseramos que a culpa que non habia concurso era do bloque, case nos chaman a nosos burros porque alguns non dixeron que non a ruta a cabalo [...] os que falaron foi ese eloy e a rapasa do bariloche, eses dous queren meter caña a martiño co concurso pero non teñen puta idea de cabalos, [...] dixo que agora habia cartos para o cuncurso que sobraban duna piscina, pois aver si ai pelas e faise 

(Anonimo #2) Eu son un dos que estivo na reunión e non se falou mal de música na noite nin se dixo que non se fora á ruta cabalar. Sencillamente se dixo que se debería de facer o Concurso cabalar.

Pero o mellor de todo (mellor porque así se anima un pouco a cousa, que ultimante non hai moita movida) foi a reacción do Sr. Alcalde no Facebook, ante un comentario dunha rapaza no seu muro (¡por Deus, pero como se atreveu esta rapaza a profanar o muro do Sr. Alcalde!), lede, lede:

Noelia Freire Nande
Paréceme estupendo que se recorten gastos , falta fai nos tempos que corren, pero o que xa me parece vergonzoso é que a señora Hermida teña a pouca vergoña de decir que unha feira cabalar non se considera cultura [NOTA de Desbloquear: fai refencia a unha noticia publicada nos medios: Críticas a Hermida por la supresión del concurso caballar], ten chiste a cousa cando o di a propia concelleira de cultura, non? [...] Pero que agora se veña dicindo que unha feira cabalar non é cultura cando acoden centos de persoas e se celebrou ata o de agora sen problema algún e se retire por expreso capricho paréceme indignante Martiño.
Martiño Noriega Sánchez
Non me parece moi elegante que empregues o meu muro Noelia para criticar a unha terceira persoa que é compañeira do grupo de goberno e defendía unha posición do grupo de goberno.[...] Hai razóns que dan outros que eu non comparto [..] e non ando por muros alleos facendo críticas a terceiros.[...] Eu estou indignado polo peche en Agosto do centro de saúde de Pontevea.
Noelia Freire Nande  
Eso queda moi bonito Martiño, pero as consecuencias pagámolas o resto. E non é un muro alleo, diríxome expresamente ó señor alcalde que tamén pincha e corta no asunto. Non critiquei , dei a miña opinión repito, que é mesma dun cento máis.

Martiño Noriega Sánchez
Fai o que consideres Noelia, eu douche a miña opinión no meu muro onde entraches a criticar a unha compañeira.Por certo, o do centro de saúde de Pontevea, que afecta e indigna a milleiros de veciñ*s non me parece nada bonito.Eu focalizo alí a miña indignación.
 


E por si se borra, gardamos a instantánea (pinhcar par ampliar).

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Daba igual el tema. La chica en cuestión es del PP y su padre ayudo en la campaña del PP de Teo. Veo normal que proteste por cualquier cosa que venga del Bng, pero no me parece normal que lo publique en el muro de Martiño. Lo hizo para provocar en mi humilde opinión. Un saludo a los de desbloquear

Anónimo dijo...

Tes toda a razón. Non sei como se lle ocurriu facer tal barbaridade, cando todo o mundo sabe que o muro do alcalde está para que os sus amigos lle doren a píldora.
Esta neniña pecou de inxenua, pero xa non o volverá facer...

Anónimo dijo...

Fala de co-financiacion, patrocinio...pois usen para a feira cabalar a mesma formula que para música na noite(que por certo, ou escolleron moi mal as fotos da paxina web do concello, ou alí había "catro gatos")

Anónimo dijo...

Os Pepeiros moito ruido arman polo concurso cabalar (cousa que non vexo mal). ¿Pero por qué non se queixan sobor do cerre do Centro de Saude da Pontevea?.........Ahhhhh. claro. "As competencias son da Xunta e a Xunta está nas malas mans do PP........
.¡¡¡ Carallo agora entendo!!!