lunes, 6 de junio de 2011

Fin de semana con lumes forestais


Este fin de semana houbo varios incendios forestais nos límites de Teo. O máis importante foi o declarado o sábado na zona de A Poboa (no monte chamado da Cruxeira que limita coa zona de Conxo en Santiago). O lume podíase ver desde a tarde e non foi extinguido ata chegada a noite, por medios aéreos abundantes (a lo menos dous helicópteros non pararon en toda a tarde).
O domingo a primeira hora da tarde tocoulle a Biduido - Ames, un lume que se podía ver desde a estrada xeral, pola zona da Casalonga. Era monte baixo, pero as chamaradas eran moi visibles.
E pola noite do domingo, outro pequeno incendio na zona da Baiuca.

Esperemos que fose unha casualidade, porque tal parece que estes romanos queren sitiar á aldea gala por medio do lume... O tempo vén húmido esta semana, así que agardamos que mellore a situación.

Na extinción participaron efectivos de Santiago, da Xunta e do propio Concello de Teo, como Policía Local e Protección Civil. O alcalde de Teo criticou a actuación dos efectivos da Xunta ao considerar que non estiveron á altura. Non sabemos exactamente o que quixo dicir: "Infórmanme de que os medios terrestres da Xunta deixan moito que desexar." (Martiño Noriega)



9 comentarios:

Anónimo dijo...

Coma sempre, BALónssssssssssssssss FORÁAAAAAAAAAAAAAAAAAAA

Anónimo dijo...

noriega nunca ten culpa.

acordome cando ardeu un piso en cacheiras, chegaron antes os de Brion que os de proteccion civil de Teo.....estarian na cama.

ocarallo29decompostela dijo...

201 embargos............triste noticia

Anónimo dijo...

Monas

Anónimo dijo...

O carallo 29 cheira a pepe

Anónimo dijo...

Pelotas é un estado que hai no Brasil:
http://ocarallo29decompostela.blogspot.com/2011/05/noriega-o-democrata.html#comments

Anónimo dijo...

Manel Pardo, el periodista, censura comentarios en su blog. Solo deja acceder a los que le dicen cosas buenas, exhaltan su capacidad de redacción o le hacen la pelota. Otro tipo de críticas no las acepta. Menos mal que en este blog dejáis que la gente se exprese

Anónimo dijo...

NO PELOTAS vive delado dun que di que é de Brasil pero o reside no estado da Ramallosa ja,ja

proteccioncivil dijo...

Respecto ó comentario de que Protección Civil de Teo estaba na cama..., e que chegaron antes os de Brión: Brión e Boqueixón teñen Grumir con servizo 24 horas e persoal pagado por Xunta e Deputación,e a obriga de atención a toda a comarca, e Teo ten un servizo municipal de emerxencias, con servizo de 8 a 22 horas. Sen embargo, o outro día,o sábado pola noite, o distrito forestal de Ordes movilizou a Protección Civil de Teo ás 12 da noite para o lume de Baiuca, en Solláns,e acudiron 4 membros do servizo municipal, fóra de hora e foron eles os que entraron ó monte e o apagaron, cando eles só teñen obriga legal de protección de persoas e bens, así que..., por favor, antes de falar, hai que informarse, porque non é xusto criticar a labor dunhas persoas que están para axudar á poboación e que moitas veces desenvolven unhas competencias que non lles corresponden, porque cando sucede algo grave, non se paran a mirar de quen son as competencias, e tratan de axudar no que poden, e se hai unha chamada nocturna (porque o 112 ten os teléfonos privados dos responsables do servizo e tamén do alcalde) se son movilizados, non se paran a mirar se están fóra de hora ou non.
Cando foi do lamentable atentado na sede socialista, o 112, e eso é comprobable porque tódalas chamadas se graban, non avisou, e en cambio, ás veces avisan na madrugada por un can que anda polo medio dunha aldea...

Podedes preguntar polos medios, o persoal co que conta, e os horarios de Protección civil, as súas competencias e actuacións,para poder estar informad@s ou entrar no seu facebook: Protección Civil de Teo
Gracias
Protección Civil de Teo