miércoles, 15 de junio de 2011

Aclaración de Protección Civil de Teo

Facémonos eco do comentario que nos fixeron chegar desde Protección Civil de Teo sobre un comentario que alguén puxo no noso blog, dudando da eficacia desta agrupación teense. No noso blog, para que quede claro, fixémonos eco de que o alcalde eloxiaba a actuación da Policía Local e de Protección Civil de Teo nos últimos incendios, aínda que se queixaba dos medios postos pola Xunta.

Respecto ó comentario de que Protección Civil de Teo estaba na cama..., e que chegaron antes os de Brión: Brión e Boqueixón teñen Grumir con servizo 24 horas e persoal pagado por Xunta e Deputación,e a obriga de atención a toda a comarca, e Teo ten un servizo municipal de emerxencias, con servizo de 8 a 22 horas. Sen embargo, o outro día,o sábado pola noite, o distrito forestal de Ordes movilizou a Protección Civil de Teo ás 12 da noite para o lume de Baiuca, en Solláns,e acudiron 4 membros do servizo municipal, fóra de hora e foron eles os que entraron ó monte e o apagaron, cando eles só teñen obriga legal de protección de persoas e bens, así que..., por favor, antes de falar, hai que informarse, porque non é xusto criticar a labor dunhas persoas que están para axudar á poboación e que moitas veces desenvolven unhas competencias que non lles corresponden, porque cando sucede algo grave, non se paran a mirar de quen son as competencias, e tratan de axudar no que poden, e se hai unha chamada nocturna (porque o 112 ten os teléfonos privados dos responsables do servizo e tamén do alcalde) se son movilizados, non se paran a mirar se están fóra de hora ou non.
Cando foi do lamentable atentado na sede socialista, o 112, e eso é comprobable porque tódalas chamadas se graban, non avisou, e en cambio, ás veces avisan na madrugada por un can que anda polo medio dunha aldea...

Podedes preguntar polos medios, o persoal co que conta, e os horarios de Protección civil, as súas competencias e actuacións,para poder estar informad@s ou entrar no seu facebook: Protección Civil de Teo
Gracias
Protección Civil de Teo

9 comentarios:

Anónimo dijo...

QUE BONITO, PERO TODO TEN POUCA REALIDADE.

O CERTO E QUE SON UNS VAGOS, PERO CLARO COMO SON AMIGOS DE NORIEGA POIS NADA A PAGARLLES POR RASCALA

Anónimo dijo...

uns vagos? motivos?

Noticiasdeteo dijo...

Xa temola orla municipal en noticiasdeteo.blogspot.com
Saludos.

Anónimo dijo...

que publiquen os soldos para poder valer a eficiencia deste servizo publico; sede transparentes e publicadeos xa veredes que sorpresa e que soldos

proteccioncivil dijo...

O soldo de todo o persoal do concello atópase no orzamento municipal, un documento que é público e que se pode consultar, previa petición, durante todo o ano.

Anónimo dijo...

hay que mirar a necesidade en Teo do servicio de Proteccion civil

¿ fan Falla?
¿teñen que ser todos de plantilla?
¿non poden ser voluntarios como noutros sitios¿

en fin

Anónimo dijo...

O soldo de todo o persoal do concello atópase no orzamento municipal, un documento que é público e que se pode consultar, previa petición, durante todo o ano...................................................................
podeo consultar calquer veciño........................

ocarallo29decompostela dijo...

los otros........

Anónimo dijo...

Un de proteccion civil facéndose o machito foi un ano na festa do cabalo en Oza detras dun señoriño nunha moto porque se saltou sin darse conta o prohibido o paso. PAIASO