miércoles, 9 de febrero de 2011

Controles de alcolemia en Teo

Desde hai uns días estamos a notar un aumento dos controis de alcolemia en Teo, levados a cado pola Garda Civil de Tráfico. Desta vez estanse apostando en estradas secundarias e a horas pouco habituais, desde primeiras horas da tarde e primeiras da noite, ou sexa, despois do xantar e da cea.
Temos constancia de alomenos dous controis deste tipo desde hai unha semana, e onte mesmo houbo outro. Por suposto non diremos onde estaban colocados porque nós apoiamos este tipo de iniciativas xa que son as horas nas que é habitual que a xente bebe alcol e colle o coche. E non é sempre a xuventude e a noite os responsables dos accidentes.

No hay comentarios: