jueves, 7 de febrero de 2008

Xa empezamos a estar fartos de tanta política


Desde o debate dos orzamentos do Concello, aquí (os veciños de Teo) seguimos sin saber nada, desde ningunha das partes e menos da alcaldía, dos planes de actuación para este ano.
¿Que é o que se vai facer cos cartos? ¿Que actuacións se levarán a cabo? ¿Onde? ¿Cando? ¿Quen?

Xa estamos fartos de tanto debate político e posibles pactos. Queremos un concello que funcione, ben ou mal, pero que funcione. Queremos feitos e non palabras.
Cremos que é o momento de que desde a oposición se termine co bloqueo continuo ó alcalde, remantanto coas teimas persoais e deixando actuar ós grupos políticos.

A nosa postura é clara: se non hai acordo, deixemos actuar ó governo do BNG cos orzamentos propostos, que tampouco serán tan malos como os pintan. É o único xeito de que este concello poida traballar.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Jano Leis, deixa de intervir nos foros que logo oes cousas que non gustan... e si, ti o alguen dos teus chamaron ao Correo Gallego, para dicir que non se comentaba a noticia, que so INSULTABAN a Jano Leis... DECENCIA SR. LEIS, DECENCIA.

Anónimo dijo...

Margarita, Margarita, Margarita... é unha pena o que está a pasar contigo

Anónimo dijo...

O de esta rapasa non ten nome. O seu problema é que está namorada de Jano Leis e non sabe xa que facer para chamar a súa atención, entón busca en todas partes para intervir. Xa non lle queda outra. ¿Por qué non liscas dunha vez e te perdes? no fondo das pena......Veña muller, non te preocupes que algo has de atopar por ahí para desfogarte. Saudiños