viernes, 22 de febrero de 2008

Pegada de carteis: Un reflexo da política municipal

Hoxe pola mañá podiamos ver os cutre-paneis para a pegada de carteis, divididos nas catro porcións para PSOE, PP, InTeo e BNG. Sen embargo, todas estaban baleiras a excepción das do PSOE, que nalgúns sitios estaban a tope de carteis (no panel enfrente do Concello, non sabemos doutros sitios aínda).
Do cal se pode inferir cal é o grupo municipal que traballa neste concello. Está claro, ¿non?
Nos comentan que o Sr. Jano andivo de imaxinaria ata as 2 e media da madrugada... Iso si que é adicación á causa... outros deberían de tomar nota.

Por favor, agora non nos bombardeen con comentarios de si somos sicarios de Jano Leis e patatín, patatán... O que comentamos é un feito obxectivo; non hai máis que saír a rúa a comprobalo.

NOTA: Debemos ser xustos na crítica e desculpar ó grupo do PP debido ao falecemento da nai de Armando Blanco, onte mesmo.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

O PSOE fixo unha pegada simbólica na Ramallosa. Ás 00:30 estaban todos nas súas casas...
De todas formas... ¿¿quen estivo mirando si pegaban ata unha hora ou outra?? ¿¿tan importante é ese dato??

Anónimo dijo...

Das 0:30 nada... que Jano estivo ata pasadas as 2... así que de casa, nada de nada.

Anónimo dijo...

En Teo parece que solo se presenta as eleccions o BNG, ou polo menos son os unicos carteles que vexo ¿que pasa cos outros partidos? ¿que pasa co PSOE? parece que lle falla a xente do partido, ¿ou será que estas eleccions non lle importan nada?,

Anónimo dijo...

Siiii!!! ata pasadas as 2 estivo de "pegada" con Sandra,e deulle tempo a pegar un ou dous