domingo, 27 de enero de 2013

Moito pedir galego mentras no Concello de Teo os cidadáns somos atendidos en español


Arranca en Santiago unha nova manifestación en defensa da linguaMiles de cidadáns acodiron este domingo á chamada da plataforma Queremos Galego a manifestarse en Santiago en defensa do galego baixo o lema 'Pola lingua que nos une. Queremos galego na escola'. A plataforma, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística e conformada por máis de 700 entidades, pide a derrogación do coñecido como decreto do plurilingüismo e a retirada do proxecto da LOMCE, que os detractores denominan "lei da Wertgoña".

E na cabeceira da "mani", para aparentar, o noso insigne alcalde Sr. Noriega, que moito defender o uso da lingua e no seu propio concello, o uso que se fai da lingua galega é nulo, como demostra o feito de que a comunicación cos cidadáns desde certa concellaría se realiza nun perfecto español, a pesar de dirixirse a elas en perfecto galego. 
Sr. Noriega, déixese de tanta palabrería barata e botar a culpa aos demáis, e aplíquese o conto na súa propia casa, que ultimamente a ten bastante abandonada.

No hay comentarios: