viernes, 16 de noviembre de 2012

Teo é te@... se tes cartos para pagar as tarifas de piscina máis caras da comarca


Os de Teo ¿temos máis cartos que o resto dos nosos veciños? O alcalde vive nos "mundos de Yuppi", con ese pedazo de soldo que ten, e non se entera de que á xente do común cóstanos chegar a fin de mes.
E non é culpa dos bancos, desta vez é culpa do alcalde que nos impón as tarifas máis altas para usar a piscina de Teo. ¿Como o xustifica? Non ten xustificación.
O único que se preocupa de verdade polos veciños é Parajó (sí, dixemos Parajó) que fai o seu traballo como a oposición de Teo, e pide taxas máis baixas para os veciños, pois son máis caras que a do resto dos concellos. É unha petición lóxica, pois somos os veciños os que estamos a pagar a piscina. Os do PP xa se pasan da raia pidindo exencións para os empadroados.

La piscina cubierta de Teo tendrá precios desde cinco euros

La oposición exige beneficios en las piscinas de Teo para empadronados
Destacan el consenso, aunque Parajó detecta precios más elevados que en otros lugares


Táboa comparativa de tarifas entre Teo e Ames polo uso da piscina:


Abonado individual:
AMES: 22,50 € - TEO: 25 € (un 11% máis caro)

Abono familiar:
AMES: 28,05 € - TEO: 34 € (un 21% máis caro)

Entrada 1 día:
AMES: 3,90 € - TEO: 5 € (un 28% máis caro)


E por certo, a piscina entrará en funcionamento no primeiro trimestre do 2013, se todo vai ben, porque xa hai máis de 2 anos que debería de estar en funcionamento.
E outro tema: ¿canto custará o seu mantemento?

No hay comentarios: