sábado, 5 de noviembre de 2011

En Teo non hai campaña electoral

Levantarse o venres tra-lo inicio da campaña e non ver carteis electorais pegados por Teo resultou moi estrano... e sintomático. Hoxe sábado hai moitos valados totalmente balerios a expepción dalgún cartel do BNG... e algunha pancarta do PSOE-Pérez.
¿Non hai ánimos, ou non hai ganas de traballar? ¿Onde quedan aquelas noites onde os militantes percorrían todo o Concello pegando carteis e sen durmir? ¿Que pasou con ese espírito democrático? ¿Xa non existe?
En Teo, desde logo, parece perdido... unha cousa é falar en reunións ao calor dunha estufa e outra moita distinta poñe-lo lombo e patearse o Concello.
Políticos de sillón é o que temos... pero, ¿merecémolos os veciños de Teo?

1 comentario:

Anónimo dijo...

Claro que si. Temos o que merecemos. Tamén se nota onde hai os cartos agora. Digo pola cartelería...