viernes, 25 de junio de 2010

Empeza a conta atrás...

Empeza a conta atrás para as vindeiras eleccións municipais e todo semella paralizado en Teo.

Da actual corporación, só sabemos o que editan no seu boletín propagandístico. ¿Alguén se decatou de que sempre veñen as mesmas obras: Os Tilos, asfaltados varios,... ? E de vez en cando, Martiño sae nos medios, cada vez apuntando máis alto (Voz TV). Tamén temos o placer de disfrutar da sabedoría popular da señora Hermida na capital mundial do folclore (Luar).



En canto á oposición, do PSOE non se sabe nada. Quedaron mudos desde a marcha do sector crítico. ¿Tan duro foi o golpe que aínda non se recuperaron? E do PP tampouco temos novas a nivel político, posto que a nivel persoal, o señor Armando aínda segue a recibir algunha que outra medalliña. E en canto a InTeo, se antes non se sabía nada del, agora moito menos...

¿E con este panorama afrontaremos un novo ano electoral? Se isto segue así, o señor Martiño vaino ter doado. Dada a debacle prevista do PSOE, debido á deriva do governo de Rodríguez, todo apunta a que se formará un governo BNG+PP. ¿Imposible? Non moito menos. Teo é especial. E un acordo BNG+PP é unha opción moito máis probable que BNG-PSOE. En Teo, como na maioría de corporacións locais, son máis importantes as persoas que as siglas dos partidos; de novo, isto explica que non se puidera acadar o acordo entre socialistas e nacionalistas.

Pero hai unha alternativa a este panorama. Vos podemos anunciar que axiña haberá sorpresas no panorama político de Teo, quizáis un novo partido político formado por persoas ben coñecidas (e incluso as que aínda son anónimas...) neste pequeno mundo blogueiro que se formou arredor da política de Teo.

Pouco a pouco iremos desvelando cousas.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

non entendo nada... un novo partido politico??? iso xa o probaron con terra galega e fracasou... os experimentos con gaseosa....

Anónimo dijo...

No xornal de musica na noite aparece unha colaboración de Carme Hermida sobre os nomes das parroquias de Teo moi interesante, moi recomendable para entender ao noso concello.
Non todo vai ser política!

Anónimo dijo...

VIVA A INDEPENDENCIA DE CALO


CALO CONCELLO * XA *

Anónimo dijo...

pero que Xornal de Música na noite nin leches, eso pagamolo os teenses, todos os de ezquerdas e os de dereitas e so para beneficiar os Independentistas do BNG.

ou e que non sabades que a directiva de Música na noite son todos dos BNG, o mais claro e o Porto de Sollans que estache nocomite local do BNGT - teo e os outros son militantes do BNG , non sei de que tribu, pero son todos do BNG..

pagar pagamos todos, incluso os que colocamos a traballar no concello a traballar ca excusa de musica na noite, mirade que son e de que son fillas e entenderedes moitas cousas...

antres decian os veciños " joder cas cacicadas de Armando", pero ahora estes do BNG deixan a Armando pequeno cas suas.

en Teo nada cambiou....

Anónimo dijo...

Tal parece que insultades cando falades da xente do BNG... non son máis que persoas con outras ideas políticas, non entendo esa demonización... esa forma de pensar cheira a rancio e a outras épocas....

Manu dijo...

Por alusións...
Pola entrada que acabo de ver no Blog do Azotador ao respeto do meu comentario, teño que aclarar un par de cousas.
1. Non son afín ao BNG, e aínda que o fose, iso non sería motivo de descalificación.
2. Que o PSOE de Teo sexa atacado (en realidade quen é atacado é a persoa de Jano Leis) iso non xustiffica que o BNG tamén que selo.

Por outra banda, quero lembrar que o blog que atacaba ao secretario do PSOE era afín ao PSOE, así o dicían eles (non sei se é certo ou non) e non doo BNG. De feito, as críticas máis duras proveñenen de xente afín ao PSOE, e ata moitos deles dentro da organizazión (lembremos o sector crítico), libres de toda sospeita de ser bloqueiros.

E sobre a frase do Azotador: "¿¿¿ Y SE PIDE RESPETO CUANDO HAY ALGUN@S PERSONAJES QUE NO RESPETAN???" xa o di todo... Que uns personaxes non respecten aos demáis non quita que un teña dignidade e estea por encima dos insultos. Non nos debemos rebaixar a iso...


"CUANDO SE HABLA DEL PSOE DE TEO PARECE QUE SE INSULTA". Isto pode ser verdade, pero repito que os que opinan sobre o PSOE son xente afín ao PSOE, e iso sí que é grave... algo estará a pasar no PSOE para que lle ocurran estas cousas. Porque no Bloque serán "independentistas" e tal, pero entre eles forman unha piña que nos socialistas non existe. Algo está a fallar...

lua dijo...

Por favor, déjense de peleas y pónganse a trabajar todos. Ya está bien de críticas que no conducen a nada. Los colegios, los centros de salud, la recogida de basuras,... ¡Anda que no hay trabajo que hacer!

ocarallo29decompostela dijo...

lua tes toda a razón, liortas aparte e Teo en segunda división politica

Anónimo dijo...

xa teñen candidato no pp é guerra (pozos guerra) o sexa o Caín do seu pariente Armando. Desconfia dos amigos e parentes.segundo se fala en Santiago xa foron informados os concelleiros actuais nunha recente reunión.