viernes, 21 de mayo de 2010

Nin un minuto mais!

Nun sobresaínte alarde de irresponsabilidade, aos grupos da oposición non lles chegou con votar en contra  das contas municipais se non que ademais votaron en contra das mesmas en segunda ocasión cando foron vencelladas a unha cuestión de confianza, retrasando nun mes a posta en marcha de moitas cuestión contempladas neste exercicio e evitando que se puideran outorgar durante estas semanas subvencións ás asociacións,  inversións en obra pública, formalización de convenio,etc.

Simplemente votaron en contra da súa aprobación, para que as propostas do BNG non foran adiante có obxectivo de atrasar medidas que estaban previstas e coa intención de culpabilizarnos da demora sen decatarse,que a quen están perxudicando e ao conxunto da cidadanía do Concello.

Nembargante, non o van conseguir. 

A labor da oposición é controlar e corrixir á labor do Goberno, nunca danar aos veciños e veciñas de Teo en prol dunha estratexia de desgaste. Armando e Parajó (agora na oposición) xa demoraron durante moitos anos o progreso de Teo dende a súa responsabilidade de goberno e agora, aínda contando co apoio de Jano Leis, non van a impedir que o  proceso encetado durante estes anos de progreso  e modernización continue no noso  concello.

Nin un minuto mais!.


Extraído de: BNG Teo


Isto merece unha boa banda sonora, para o novo grito de guerra: "Nin un minuto mais!"

1 comentario:

Anónimo dijo...

QUE TRISTE Y QUE FALTA DE VERDAD EN CUANTO A LA REALIDAD.
POR FAVOR,IR A LOS PLENOS,ESCUCHAR Y SACAR OPINIONES PROPIAS Y NO DE OTR@S

.NO MÁS INFLADO DE PRESUPUESTOS.
.NO MÁS MANIPULACIÓN INFORMATIVA.
.NO MÁS CULPAS A LA OPOSICIÓN
.MÁS RESPONSABILIDAD.
.MÁS GOBERNAR QUE VAN PARA 4 AÑITOS Y LO POCO QUE SE HA HECHO ES GRACIAS AL PLAN E DE ZAPATERO.........AZOTADOR
ESO SI ES DAÑAR AL PUEBLO TEENSE,.........