martes, 24 de marzo de 2009

Estase a formar outro Sector Crítico?

Son rumores que veñen de vello, pero que cada día están a cobrar máis forza. Falamos do que se pode considerar outro sector crítico no concello de Teo.
Nesta ocasión estamos a falar do Partido Popular. Son moitas as voces que diverxen de Armando e ao parecer, non sendo capaces de quitalo do seu posto, estase a crear un sector crítico para sacalo do partido ou, como se rumorea, crear un partido alternativo. Volven a sonar os nomes da ¿extinguida? Terra Galega.
O que sí parece é que os militantes populares non se quedarán de brazos cruzados de cara ós próximos comicios electorais. Parece que se presentarán movidos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Os cambios sempre son vos para todos