jueves, 12 de febrero de 2009

PSOE e BNG afogan ao comercio de TEO

O que nos faltaba: PSOE e BNG contra os comerciantes.
A ampliación da AC-841 da Ramallosa a Montouto, eliminará practicamente TODAS as prazas de aparcamento, o que imposibilitará, ou dificultará, o estacionamento para acceder aos comercios. Ao final, teremos que ir mercar ás grandes superficies... era o que nos faltaba!

¿Por que dicimos que é culpa do BNG e do PSOE? Do PP tamén, por suposto, pero é un cero á esquerda na política de Teo.
BNG: Como goberno municipal debería escoitar as voces que xa se están a levantar entre os comerciantes e defender Teo frente á Xunta; parece que o noso alcalde ten medo de "molestar" aos Xunteiros, non vaia ser que se anoxen con el e perda opcións ás súas miras políticas. O caso é que "pasa" dos comerciantes.
PSOE: En primeiro lugar, como gobernante na Xunta, é o responsable último das obras. Por outra banda, o PSOE de Teo non moveu un fío tampouco, seguramente polos mesmos motivos que os nacinalistas. Está visto oque mentres o BNG non tomo iniciativa algunha, o PSOE non se opón. A oposición tamén significa propoñer e estar cos veciños.

Ampliaremos esta información que xa se está a burbullar en tódolos sitios. Contan que isto non vai parar aquí e xa se están a anunciar movilizacións. A campaña electoral en Teo preséntase movida e salpicará sen dúbida a uns e outros.

Será unha boa ocasión para ver que prima no BNG e no PSOE: se os intereses electorais e un anaco do pastel "xunteiro" ou os intereses dos veciños.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

estimado administrador, mira son socialista e eu estaba na rotonda na manifestaciónm que nos os socialistas promovemos contra a nosa conselleria. estabamos na rotonda da gaiteria defedndendo, primeiro a ponte de Penelas e segundo a construcción a doble nivel da rotonda.
non sei si ti estabas alí, xa que non te coñezo, pero eu si estaba e a quen non vin foi o alcalde de Teo Martiño Noriega, nin foi nin se lle espera.
xa sei que cando fallan os de un ( BNG) decides todos son iguales e metedes a todos na misma bolsa... pero amiguiño non che e así, podes mirar as emerotecas e verás unha pancarta cos simbolos sociaistas pedidndo as mellores y detras de esa pancartamoitos veciños, pero tamen moitos socilistas, sobre todo a cupula de Teo.
nos o unico que conseguimos fi cabrear os nosos maiores da xunta comi ti dis, pero somos conscientes de donde estamos e para quen traballamos.
quizais podias decirlle a Martiño porque le non estaba li, porque non axuda a os veciños de cahceiras, porque solo fara de intermediario enviando os papeis a xunta, pero sin que o salpique.
quizais non che guste, pero en teo temos un alcalde FLOREIRO, que non fai mais que sair nas fotos e logo escondese no despacho.
ti ben dis, non quere estragar as suas espectativas de chegar mais alto na politica e si anda po las cunetas como andadubemos os socialistas pode perder algo de gloria, asique metese no despacho ca porta cerrada, como o avestruz.

sinto amigo administrador, pero teño que decir que esta vez eres partidista, nos, os socilaistas estabamos donde tiñamos que estar, pero os do BNG co alcalde a cabeza quedaron na casa.

o alcalde do bloque Martiño noriega os veciños importanlle pocuco.

Anónimo dijo...

Si, os socialistas promovedes manifestacións contra a vosa consellería e publicades comentarios noxentos contra o presidente Touriño no voso blogger. Eu tamén son socialista e dame noxo leelos. Cando se perde a vergonza, pérdese todo.

Anónimo dijo...

Para o primeiro comentario onde dis: "pero os do BNG co alcalde a cabeza quedaron na casa."

Eres un mentireiro, sabes perfectamente que os do BNG estabamos alí na "vosa rotonda", e ademais levamos bandeiras e carteis. Xa sei ke vos "jodia", porque queriades facer desa manifestación, a "vosa" maifestacion... Amiguiño, non inventes cousas... ademais nós non necesitamos ó noso alcalde na manifestación, coma vos... que sen Jano, parece que non sodes nadie.

Jano, parece o voso pastor, e vos as ovellas.... patético!

Non tedes personalidade negunha!

Anónimo dijo...

Vale, moita manifestacion e moita pancarta, pero que conseguiron? NADA

Anónimo dijo...

Eso mesmo! que conseguiron con tanta manifestación?. Sair nos medios, non si?