miércoles, 5 de noviembre de 2008

Nin PSOE nin BNG... don Armando Blanco foi o artífice da depuradora de Balcaide

O que ledes, agora resulta que foi o anterior alcalde, Armando, o que fixo as xestións para ter o alcantarillado de Balcaide. Sendo aínda alcalde, faltando poucas semanas para as eleccións, prometeulles aos veciños que se faría a depuradora e como agora se ve, así foi. 
Esta información vénnos directamente dun dos veciños, así que repetimos o de sempre: poden ser informacións inexactas, pero é o que os veciños contan e o que ven. 
Por iso, desta vez nin PSOE nin BNG nin, incriblememente, Parajó, tiveron nada que ver. Todas as loubanzas para o sr. Blanco. 

14 comentarios:

Anónimo dijo...

É que Armando é o único que vale para algo aquí neste circo político de Teo. O da Estrada vaia por Dios, non da unha nin a de tres, ninguén o escoita e Martiño, bueno, aínda é moi novo e non sabe da misa a metade....Ah, Parajó ten bastantes simpatizantes ou eso é o que me din moitos dos veciños.

Anónimo dijo...

Martiño é novo pero sabe cales son as preocupacións reais da xente. Goberna como el pensa que se debe de facer e iso xa é bastante en TEO

Anónimo dijo...

tamén Armando gobernaba como él pensaba que se debia gobernar en Teo... e moitos chamabanlle dictador... que diferecia hay entre Martiño e Armandiño.????????????????

Anónimo dijo...

po lo menos Armando falaba cos veciños, e certo logo faria ou non faria, pero atendiate.
estos so atenden a os seus, os demais veciños non contamos.
todos pagamos impostos en Teo, todos temos dereito a seres atendidos de igual forma.

Dende logo a mim empezame a entrar a duda..¿ mellor con Armando? empezo a ver que si.

Anónimo dijo...

É certo o de Martiño, é novo pero capaz.E Armando tamén sabí ao que facía.Non sei que pasaría se houbera hoxe eleccións, quen gañaría.O que sí creo é que a cousa estaría entre Martiño e Armandiño porque o terceiro de abordo, un tal Leis non creo que faga moito.

Anónimo dijo...

Armando ten que voltar. Polo menos era cercano coa xente.... e podíase falar con él.

Anónimo dijo...

a o final cumplese o refran
" OTRO VENDRA QUE BUENO ME HARA"... o malo e que xa se di a ano e medio do cambio....eso si que manda carallo

Anónimo dijo...

Pero este blog qué carallo é. Parece qeu lle andan a lamber o cu a armando ahora. Desde lojo, o nos o alcalde é e será Martiño o bonitiño.

Anónimo dijo...

Non comparemos... ¿cantas medallas ten Noriega? Ao Sr. Armando xa non lle caben todas dunha soa vez, e iso que corpo ten abondo.

Anónimo dijo...

Armando sin duda es un autentico monstruo! que vuelva! que vuelva! que vuelva!

Anónimo dijo...

vistes o de santiago sete?
Salides no xornal moi ben parados, estades de segundos.O que me choca un pouquiño é que o blog dos socialistas de Teo está ó mesmo nivel dos tamensomosocialistas. Eso debe ser porque no fondo son moi parecidos, aínda que algúns se escondan tras peles de cordeiro que non fan máis que agochar ó lobo que levan dentro......

Anónimo dijo...

http://defensorxenteteo.blogspot.com/

DE VOLTA

Anónimo dijo...

Boas!

Enhoraboa o blog!!! Segundo SantiagoSiete sodes un dos mellores para min, porque non vos "casades" con ninguén, e iso e o quere a xente, información sen casarse por ninguén, como ten ke ser...

Seguide asi, e ánimo!!!!!

Anónimo dijo...

o mellor de todo é o grao de incendiario dos socialistas... o xornalista captou moi ben a esencia do blog