martes, 11 de noviembre de 2008

Movemento de Asociacións en Teo



Parece que ultimamente proliferan os intentos de crear asociacións de comerciantes en Teo. A ver en que queda a historia, porque facendo caso aos medios, chegaron a haber ata 3 intentos de asociacións á vez. 

O interese de crear tanta asociación parece que ten que ver co tema de MercaTeo, unha especie de mercado de comerciantes (tipo OutLet ou os que levan a cabo en Santiago en Amio), e que o alcalde estaba disposto a apoiar a iniciativa pero sempre que fora una asociación  a que o organizara; a idea de MercaTeo xurdiu dunha empresa de Cacheiras segundo contaba Martiño o outro día na radio e por iso non a podían apoiar (economicamente falando).

Os últimos rumores que nos chegan é que xa se está a formar unha asociación con moito empuxe e nos din que axiña saberemos dela. A ver en que queda todo iso.

ACTUALIZADO: Xa teñen Blog e todo, parece que estes de ACEPTEO van en seiro: http://acepteo.blogspot.com/





4 comentarios:

Anónimo dijo...

http://www.defensorxenteo.blogspot.com

Anónimo dijo...

Pois parece que se vai organizar esa asociación, xa que hoxe vin uns carteis pegados no Beto's que animaba a xente a unha reunión o dia 20

Anónimo dijo...

Espero que non sexa unha asociación das que meten moito ruído pero hai poucas noces...

Anónimo dijo...

Din que van haber máis noces ca ruido...