miércoles, 12 de marzo de 2008

Nos toman por parvos ou que?

Os números non minten pero no Blog dos Socialistas de Teo non parece que vexan os mesmos datos que vemos nós. Vexamos algunhas incoherencias, pero lembremos os resultados primeiro.

  • Candidatura - 2008 / 2004
    PP
    4.955 votos 43.93 % - 4988 46.95 %
    PSOE 3.916 votos 34.72 % - 3688 34.72 %
    BNG 1.879 votos 16.66 % - 1389 13.08 %

E agora vexamos o que din no blog socialista...

"MAGNÍFICO RESULTADO DOS SOCIALISTAS EN TEO"
Vamos, se entendemos por magnífico quedar como estabamos... ¿pensaban entón que ían a ter peores resultados? ¿Por qué?

"o Partido Socialista consolídase como principal alternativa e acorta distancias respecto do Partido Popular"
Claro, a costa de que o PP baixa en porcentaxe e a que hai uns 500 novos votos máis do Bloque. Ou sexa, mérito do PP, non do PSOE.

"o BNG non consigue rendabilizar a sua actuación no goberno municipal"
Algo sí que rendabilizaron cando conseguiron subir respecto hai 4 anos.


"a sociedade civil de Teo, aínda que reforza o esquema bipartidista imperante en España, reflicte asi mesmo unha grande pluralidade de opcións e en calquera caso expresa unha tendencia moi minoritaria do nacionalismo (pouco máis do 16% de apoios)"
Pois nas munipais non pasou iso! ¿É necesario poñer de novo os datos? Pois aí van:

  • BNG 3.654 /33,62% /6
  • PP 3.251/29,91%/6
  • PSdeG-PSOE 2.535/23,33%/4
¿Opción minoritaria a do BNG? Nas municipais, desde logo, non. Rotundamente.
Neste caso, a opción minoritaria sería a do PSOE...

E por certo, a expresión "pouco máis do 16% de apoios" é claramente despectiva. Porque o 16.66% claramente está máis cerca dun 17% que pouco máis que un 16%. ¿Xa olvidamos as matemáticas da ESO? Repasen o tema do redondeo.

A non materialización dun goberno de progreso pode pasar factura no horizonte inmediato.
Unha frase moi bonita. Pero nós pensabamos que era o PP o que nos metía o medo no corpo...

E xa non comentamos nada máis... por hoxe.

P.D. ¿Entendedes agora o título desta entrada?

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Aquí queridos amigos fóisevos totalmente.
Unha socialista

Anónimo dijo...

Por fin!!! Amigo administrador date conta das manipulacións dos Socialistas de Teo.

Moito catedratico e pouco matematico jajaja

Anónimo dijo...

Os Socialistas de Teo continuan coa sua campaña de insultos:

"Carmen López. Vella, Fea e calumnianta. Telas todas amiguiña"

E logo Jano Leis di que poñamos nomes e que deamos a cara. ¿Para qué? ¿Para que logo te insulten? ¿Para que logo os Socialistas te fagan a vida imposible?

Cada día parecenme máis denigrantes os comentarios dos Socialistas de Teo.

¿PARA CANDO TEÑEN PENSADO TOMAR MEDIDAS NA RUA DO PINO?

http://tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com/

Anónimo dijo...

Bueno un pouco esaxerado os socialistas pode ser. É politica, co cal é asi o tema... Pero de ahi a parvos.... tampouco é pa tanto...

Bueno ainda que "parvo" tampouco é un insulto como tal...

Anónimo dijo...

Mais de 1000 votos socialistas
non son po psoe nas municipais.
Parajo faciao moito mellor.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Os resultados son os q son, as cifras non se poden cambiar pq vostedes xa saben que iso é unha pequena manipulación... na súa liña vamos.Outra cousa é a interpretación que se lle queiran dar aos números, tamén os houbo que interpretaban a entrada no novo século coma o fin do mundo, cuestión de números era.
Eu non sei se algún andará equivocado de partido porque a liña que se segue no psoe de teo é máis parecida á do PP, e agora volven a demostralo unha vez máis non asumindo a derrota... home, tamén llo poden achacar ao terrorismo se ven que tal.
O máis triste e que van quedar sós pq a xente acaba cansando deste tipo de liadas e sobre todo non é parva, aínda que a intenten facer.

Anónimo dijo...

E agora alegranse de que ZAPATERO é presidente, ata brindaron con champang, ¡QUE LUXO! Como cunde a exclusiva de Sandriña.

¡NON SOMOS PARVOS! Non intentedes manipularnos, que xa estamos afeitos a manipulación do Sr. Jano Leis & CIA.

MOITO OLLO AO BLOGUE SOCIALISTA, VAI CONTINUAR SENDO O MAIS CENSURADOR DE ESPAÑA E PARTE DE PORTUGAL.

Anónimo dijo...

Cando dis Jano leis & CIA, a quen te refieres?
O canteiro virachaquetas?
O tonto iluminado do xulgado?
O borrachin da tvg?
A Zoa, a clasista?
O maquiavelo da SER?
A que cobra por dedicacion esclusiva.. .. a Jano leis?
Todos xuntos?
Faltan moitos pa completar a CIA?
Mira que si meto palmeros, lamecus,acolitos,compinches, e fieles comulgantes ca palabra divina de Leis,xa me fas ir por parroquias ... ...

Anónimo dijo...

...Joder, metodo Cuiña!! pois adiante... imos por parroquias lO :P

Anónimo dijo...

jajajajse ves que tal pasamos co trator e ímolos recollendo, q son pezas de museo xDDD