jueves, 28 de febrero de 2008
E axiña, outro escándalo no Concello de Teo
Axiña contaremos con datos (e fotografías) dun escándalo que demostra a actitude do Concello cos seus veciños. Tralo caso dos veciños de Os Verxeles, agora súmase un novo colectivo ninguneado polo concello. Axiña... e desta vez, con datos que publicaremos.


Sede de Correos en Cacheiras nun baixo sen licenza...
O asunto non está moi claro, pero seica anda o Sr. Parajó polo medio, xa que ten parte dos locais e algunha planta do edificio. Pero ese non é o caso, senón que desde o anterior governo se permitiu esa ubicación para a sede de Correos a sabendas de que non ía contar coa licenza correspondente. Pero se pasamos por álí, podemos ver que a obra xa está case rematada e na fachada locen os rótulos de Correos.
¿Que sabe o Concello do asunto? Amigos socialistas que nos ledes, ¿podedes aportar máis datos? ¿Abrirá Correos de forma ilegal?...


Pleno ordinario do mércores: sube o tono
Xa o dicían na Cadena Ser: que xa estamos acostumbrados a que cada mes haxa un espectáculo nos plenos de Teo.
Non cremos que esto beneficie para nada ao Concello; os plenos son para traballar polos veciños e non son un campo de batalla político. Para iso, que se reúnan en calquera sitio a debatir as súas diferencias e gasten o tempo dos plenos a debatir os problemas dos veciños, que para iso os eliximos.


miércoles, 27 de febrero de 2008
Pleno sobre o estado da "nación" de Teo. ¡Houbo "movida"!



lunes, 25 de febrero de 2008
Xente impresentable haina en todo lados
Por suposto, non podemos tolerar insultos, non é a primeira vez que o temos dito.
Esta clase de actitude non leva a ningunha parte. É unha pena que se perda tanto "potencial" de xente que non ten argumentos nin nada. A esta xente, desde logo, non lles importa nada o concello nin moito menos os veciños.
Pios a nós si que nos importa o concello, porque somos veciño/as e queremos, no fondo, unha mellor calidade de vida. Porque para nós, Teo é e será o mellor concello do mundo, o noso fogar, esté quen esté governando. E por iso loitamos, denunciando o que cremos ten que cambiar ou mellorar, para que o siga sendo.


Actitude ¿prepotente? do alcalde Noriega

¿É esta a actitude da que tanto están a falar os socialistas? Pois vai ser que van ter razón...


Reprimenda de Ceferino Díaz a Jano Leis



viernes, 22 de febrero de 2008
Unha visión soibre a pegada de carteis
Es la noche. Mi amargo paseo nocturno entre esa penumbra, ya ni iluminada ni ensuciada por la mísera y ambruyente caída del pasado eclipse, me ha dejado, eso si, ver la primera caída de carteles.
[...]
Tensión. Cola. Tensión, cola... poco a poco.
[...]
La noche es larga. Muy larga. Demasiado larga. Ya no se distingue bajo las farolas a esos humanos, esos carteles, llenos de vida, quizás, poca vida, mas bien inertes, solapados por una sola esperanza, por un mismo fruto de ilusión que cada uno de ellos pone cuando sus brazos suben y bajan al son del ruido, el mínimo [...]
[...]
Así son ellos. Allí estaban ellos. Esta noche los he visto. Los he observado, en grupo. Solos.
[...]
Las manos llenas de cola, los carteles bajo los brazos, a las órdenes de ser fijados como se fija un rayo de sol sobre la piel tensa de un día de invierno, un rayo bajo, muy intenso que puede llegar a dejarme huella ante la más mínima destreza de mis poros incrustados en la amarga bajeza de la piel. Así se sienten ellos. Ahora, así me siento yo. Y tú... ¿te has parado a pensar? No.


Pegada de carteis: Un reflexo da política municipal
Do cal se pode inferir cal é o grupo municipal que traballa neste concello. Está claro, ¿non?
Nos comentan que o Sr. Jano andivo de imaxinaria ata as 2 e media da madrugada... Iso si que é adicación á causa... outros deberían de tomar nota.
Por favor, agora non nos bombardeen con comentarios de si somos sicarios de Jano Leis e patatín, patatán... O que comentamos é un feito obxectivo; non hai máis que saír a rúa a comprobalo.
NOTA: Debemos ser xustos na crítica e desculpar ó grupo do PP debido ao falecemento da nai de Armando Blanco, onte mesmo.


lunes, 18 de febrero de 2008
Insultos non. Isto parece o patio do colexio.
En breve voltaremos a traer novas interesantes e empezaremos a nova etapa, que chamaremos de control do concello. Agora que xa temos orzamentos aprobados, é a nosa obriga (e sobretodo a da oposición) facer o seguimento das actuacións.
Desde aquí seguimos coa nosa teima: A páxina web do concello prometida e comprometida hai meses, aínda non ten prazo. Teremos que preguntar de novo a Anxo Quintana polo asunto; ante unas elecións, non queda moi ben parado o BNG ante as súas promesas.


miércoles, 13 de febrero de 2008
¿Volven os pitufos mentirosos? As mentiras ou contradicións do BNG respecto do pacto co PSOE

BLOQUE TEo, num 24, xaneiro 2008
2º.- Logo, no pleno (ver a nova aparecida en La Voz) di Rafa Sisto que "temos un problema particular con vos" e que había vontade de dialogo. Pero iso non é certo, xa que realmente non querían falar.
3º.- E para rematar, o día despois do pleno, Martiño di, en entrevista na SER, que non quere pacto de goberno, segundo comentaban no Blog socialista:

Demasiadas contradicións...
¿Quen governa en Teo: Martiño Noriega ou Rafa Sisto? ¿Ou serán ordes superiores, ou sexa, o mandamáis Quin?


lunes, 11 de febrero de 2008
Aclaración: DesbloquearTeo non apoia a partidos políticos
Por iso, nin estamos en contra do BNG, nin a favor do PSOE, nin do PP nin doutro partido. Non nos metades en ningún saco e non atoparedes contradicións na nosa postura.
Trala aprobación dos orzamentos ábrese unha nova etapa no Concello. Agora está posta a carne no asador e hai que esperar a que se coza ben ou se queime. O tempo o dirá.


viernes, 8 de febrero de 2008
É hora de deixar governar á alternativa, ou sexa, ao BNG de Teo
¿Non é hora de deixar governar ao Bloque a pesar de que non esteamos dacordo ao 100% cos orzamentos? Acaso se houbera pacto BNG-PSOE eses orzamentos xa serían válidos para o PSOE?
¿Cal é o problema: os orzamentos ou a rivalidade Martiño-Leis? ¿Estamos antepoñendo esa rivalidade persoal a un proxecto de futuro para Teo?
A nosa proposta, desde este humilde curruncho virtual é clara: deixemos governar á forza política máis votada. A ver qué tal o fan. Igual non é tan fiero o lobo como o pintan. Ou igual sí...


jueves, 7 de febrero de 2008
Oposición de Teo... "El perro del hortelano"?...

Xa sabedes o refrán... "El perro del hortelano, ni come ni deja comer".
Tal é a pinta que ten a oposición en Teo. Que si agora pacto, que si agora non. Que se isto está mal, que se isto está ben... A ver si nos aclaramos.
Que agora seica hai vontade de diálogo por parte do PSOE pero é agora o BNG o que non quere dialogar, xusto o contrario de hai uns días. ¿Pero estamos de cachondeo ou que?
¿A que andamos a xogar? Pois andamos a xogar co pobo de Teo, nin máis nin menos.


"Non teño nin idea", Emilio Touriño, presidente da Xunta de Galicia

Esta foi a resposta dada por Emilio Touriño a unha pregunta sobre a situación do concello de Teo, en concreto sobre o pacto do BNG co PSOE (escoitado hoxe nas radios).
Sen comentarios...


Xa empezamos a estar fartos de tanta política

¿Que é o que se vai facer cos cartos? ¿Que actuacións se levarán a cabo? ¿Onde? ¿Cando? ¿Quen?
Xa estamos fartos de tanto debate político e posibles pactos. Queremos un concello que funcione, ben ou mal, pero que funcione. Queremos feitos e non palabras.
Cremos que é o momento de que desde a oposición se termine co bloqueo continuo ó alcalde, remantanto coas teimas persoais e deixando actuar ós grupos políticos.
A nosa postura é clara: se non hai acordo, deixemos actuar ó governo do BNG cos orzamentos propostos, que tampouco serán tan malos como os pintan. É o único xeito de que este concello poida traballar.


miércoles, 6 de febrero de 2008
Que se está a cocer na política de Teo que fará temblar os cimentos?



Moitos temas tralo último pleno.



lunes, 4 de febrero de 2008
Tema Os Verxeles: Tirando pedras contra o seu propio tellado



viernes, 1 de febrero de 2008
Tema "Os Verxeles": Pronto, información interesante co alcalde de protagonista
Dentro duns días, esta información cobrará máis relevancia:
Las 130 familias que habitan la urbanización Os Verxeles, en Teo, iniciarán
distintas acciones legales "contra la decisión de Vicepresidencia de trasladar a
esta urbanización teense el antiguo centro de reeducación de menores Xoán
Vicente Viqueira, que antes estaba ubicado en Roxos", explicaron ayer a este
diario. Ésta fue una decisión que se tomó en una asamblea celebrada ayer, y en
la que "sólo una persona votó en contra", dicen. Fonte
Lembramos que podedes enviarnos informacións a desbloquearteo@gmail.com; sempre que sexa información contrastada terá cabida.
E lembrade, o obxectivo desde blog non é a destitución de ningún alcalde nin grupo: simplemente loitamos por un concello mellor, sexa do partido que sexa.


Anxo Quintana opina sobre o goberno municipal de Teo

O goberno municipal do BNG de Teo está desenvolvendo con rigor e exemplo unha política que vai permitr que o noso concello acade cotas de benestar e e transformación importantes.
A diferencia fundamental é que precisamente antes estabamos na oposición e agora temos a responsabilidade de levar o timón deste barco, que vai ser capaz de navegar e chegar a bo porto, a pesar dos esforzos da oposición para que os veciños e veciñas non se beneficien da nosa acción de goberno.

