E agora xa só queda o PP de Teo que non tardará en dar guerra con este asunto... tempo ao tempo!
lunes, 13 de febrero de 2012
BNG xa se apunta ás teses de DesbloquearTeo
Nin que nos leran a mente... Vázquez cree que los escindidos del BNG deberían dejar sus cargos "por coherencia"
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
21:09
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
¿Debería dimitir Martiño como alcalde de Teo?
Agora que Martiño abandona o BNG, ¿como queda a situación en Teo? Porque os veciños de Teo votaron ao Bloque e non necesariamente ao Encontro Irmandiño.
Quedarse no posto, ¿sería interpretable como transfuguismo? ¿Debería de dimitir? ¿Convocar novas eleccións? ¿Cantos dos concelleiros actuais son de EI e cantos do BNG? ¿Deberían de convivir entre eles pese ás diferenzas ideolóxicas que agora os separan?
Ai! Martiño... ¿en que situación nos deixas Teo?

12:03
2
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
teo EI
domingo, 12 de febrero de 2012
Encontro Irmandiño: Crónica dunha escisión anunciada
Como xa dixemos por aquí no mes de maio de 2011 (xa hai uns meses diso...) ao final o Encontro Irmandiño decidiu escindirse do BNG. Nós xa comentabamos no noso blog que Martiño estaba pensando en abandonar o BNG e, tras os meses precisos, e por suposto, despois das eleccións, a idea de Martiño fíxose realidade.
E en breve publicaremos cales serán os seguintes pasos que dará Martiño no mundo da política, uns pasos que terán unha importante repercusión, sen dúbida, para Teo.
Resolución da asemblea de EI aquí:
http://www.encontroirmandinho.org/artigo.php?ap=2000&id=213&tm=0
E en breve publicaremos cales serán os seguintes pasos que dará Martiño no mundo da política, uns pasos que terán unha importante repercusión, sen dúbida, para Teo.
Resolución da asemblea de EI aquí:
http://www.encontroirmandinho.org/artigo.php?ap=2000&id=213&tm=0
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
21:45
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
encontro irmandiño
sábado, 4 de febrero de 2012
WAKA-RUMOR: Abandonará Martiño o BNG?
Xa dixemos aquí hai meses que se rumoreaba sobre a posibilidade de que Martiño abandonara o BNG por unha serie de "encontronazos" dentro do Bloque.O que antes era rumor, parece que cada día vai cobrando máis forza, se un sabe ler entre liñas: desde as palabras de Beiras (por favor, que alguén lle pida a este home que se retire, que xa vai camiño dos 80 anos!, e logo criticaban a Fraga...), ata o posto que ocupou Martiño na candidatura de EI...
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
10:15
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
martiño
viernes, 3 de febrero de 2012
Cumpliuse o que pediamos: Sala NASA en TEO !!
Ao final cumpliuse unha das nosas demandas: que a Sala NASA se ubicase en Teo. De momento non parece un asentamento en firme, é dicir, con é unha Sala NASA independente, senón que compartirá espazo en Teo, co cal aforrará en gastos, que é do que se trata, á vez que poderán pensar en facer o seu traballo sen tanta presión económica.
En fin, que nos alegramos coa noticia e non entraremos en valoracións de si está ben ou non que se lle asignen 30.000 EUR para o seu proxecto, que non para o grupo Chévere. Andan pola oposición a criticar estes cartos, e mezclando churras con merinas, posto que non se trata de quitarlle a uns para darlle a outros.
Esperemos que o grupo axiña empece a funcionar e esta sexa unha primeira pedra para facer de Teo un referente cultural; a intención do alcalde Martiño parece clara neste sentido. Só pedimos que exista pluralidade e que calquera proposta cultural poida ter cabida neste proxecto.

20:14
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
jueves, 2 de febrero de 2012
Grupo Chevere en Teo
Aínda que liderados polo grupo Chevere, a Sala NASA non é o mesmo que o grupo Chevere, ou iso entendemos nós. O grupo de teatro Chevere leva moitos anos traballando e facendo teatro; moitos dos seus compoñentes son agora caras moi recoñecidas por todos en medios como a televisión.
Entendemos que apoiar a un grupo teatral é apoiar a cultura, e iso sempre será bo para un concello. Misturar cultura con outros temas é tentar desviar a atención, xa que o obxectivo dos fondos é diferente.E así se debería de entender.
Dito todo isto, o debate pode estar se é conveniente apoiar con 30.000 euros a un grupo teatral que non ten sede social en Teo. Se con iso se consegue crear un crcuíto cultural no Concello, aínda que de momento só sexa apoiando a un grupo (ou máis ben un proxecto cultural), eses cartos estarán moi ben investidos. E o Concello debería de ir máis alá e tentar montar unha sala NASA ou como se lle queira chamar que faga de Teo un referente cultural, que supla a debacle cultural (iniciada co PSOE) en Santiago: sala NASA, sala Iago, sala Galán...
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
1:48
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
jueves, 26 de enero de 2012
Teo: Control Policial
Está mañá puidemos observar a un gran número de axentes da Garda Civil patrullando polo Concello, por lugares como Cacheiras, Augas Mansas, Vilar de Calo... Os rumores apuntan a que andaban á procura dun par de sospeitosos relacionados co chalé de luxo de O Milladoiro que cultivaba cannabis. O caso é que a presenza policial durante esta mañá chamou moito a atención dos veciños.
Noutros puntos tamén se puideron ver, non se sabe se tamén tiña relación co asunto anterior, a patrullas de Atestados e ata parece que o coche-radar da DGT que ten "prestado" o Concello saleu esta mañá, aínda que só fose para ir tomar un café...
Noutros puntos tamén se puideron ver, non se sabe se tamén tiña relación co asunto anterior, a patrullas de Atestados e ata parece que o coche-radar da DGT que ten "prestado" o Concello saleu esta mañá, aínda que só fose para ir tomar un café...
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
16:48
1 comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
martes, 24 de enero de 2012
Milladoiro non é Teo!
Esta mañá oíamos na radio que detiveran a unha persoa en Teo por ter un macro viveiro de cannabis nun chalé de luxo. Pero despois podemos ler na prensa que o chalé está no Milladoiro, que non é Teo (que nós saibamos), senón Ames.
¿Acaso a xente non distingue entre Teo en Ames ou será que Teo é un concello con máis renome ou que nos queren deixar mal (lembremos a oleada de roubos, o desastre das contas municipais...)?
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/macrovivero-cannabis-un-chale-lujo-milladoiro/idEdicion-2012-01-24/idNoticia-725054/

11:03
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
martes, 17 de enero de 2012
A nosa opinión sobre o acontecido esta semana...
Non somos illas: somos continentes. A vida de calquera ser impórtame e aféctame. A morte de calquera ser diminúeme. Por iso, non preguntes nunca por quen dobran as campás. Están a dobrar por ti.
Extraído de: "No man is an Iland, intire of it selfe; any man's death diminishes me, because I am involved in Mankinde; and therefore never send to know for whom the bell tolls; It tolls for thee." (John Donne)
Extraído de: "No man is an Iland, intire of it selfe; any man's death diminishes me, because I am involved in Mankinde; and therefore never send to know for whom the bell tolls; It tolls for thee." (John Donne)
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
22:20
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
fraga
Un concello á deriva
Ante a deriva que está a tomar o concello de Teo, non nos queda máis remedio que erguernos do noso letargo para volver á nosa pequena loita... son tantos os despropósitos que se estan a producir no concello, e con tan pouca repercusión nos medios, que non nos queda outra.
Como o trasatlántico afundido, así é o futuro do concello: un capitán que abandona o barco e logo dí que gracias a el se salvaron miles de vidas, outros que foxen despavoridos, outros alegrándose da morte de anciáns, ... Parece unha película de terror, pero iso é o que temos.

22:12