domingo, 28 de julio de 2013

Políticos que non estiveron á altura e nunca o estarán

Cando hai unha traxedia, nós, incautos de nós, pensamos que a clase política deste país e desta comunidade estarían á altura, pero tristemente puidemos ver que non foi así.

Os veciños de Angrois e de Santiago déronlle unha lección a todos estes políticos de pacotilla actuando do xeito máis racional posible: axudando todos unidos, xa fora axudando directamente no lugar do accidente, ou doando sangue.

Ourto exemplo de civismo. Noite do 24 en Santiago. Ateigada a praza do Obradoiro, ésta foi baleirada sen incidente ningún. E a pesar de que nos medios se falaba de que millor era con acceder á cidade polo caos de tráfico, realmente non había ningún caos. Ás 11 da noite a circulación en Santiago era totalmente fluida.

Os servizos públicos de emerxencias parece que funcionaron correctamente e en moitas ocasións se falou de que "sobraban" medios, como médicos ou mesmo ambulancias. ¿Estiveron ben coordinados? Desde fóra parece que sí.

As autoridades reaccionaron axiña: tanto a visita do Rei como dos príncipes, fíxose sen esperar. A visita dos príncipes quizais innecesaria, pero iso é opinable casi máis por motivos protocolarios que por outros.

E chegamos ao punto dos políticos...

A nivel estatal, non podemos negar a visión de estado do PSOE estando Rubalcaba ao lado de Rajoy visitando a zona sinistrada. Nos tempos que corren e tras os acontementos dos días pasados (moción de censura á vista), este sentido de estado é de agradecer.

A nivel autonómico, unha decepción.

Foi curioso ver, ou mellor dito, non ver, ao líder (se se lle pode chamar iso) dos socialistas galegos, Pachi Vázquez,  facendo declaracións. Só o vimos xunto a Rubalcaba. Non o entendemos.

O sr. Jorquera, qué dicir... que foi o primeiro en facer declaracións apresuradas. Nótabaselle que tiña o cú de palla... Cando empezaron os rumores de posible atentado (vísperas do 25 de xullo, indudablemente tira a atentado de nacionalistas), foi raudo e veloz para dicir que o Ministerio de Interior desbotaba tal posibilidade. ¡O líder do BNG confiando no Ministerio de Interior de España! Inaudito... Cando foi o 11-M non confiaban tanto nel. E cando foi o Prestige, tampoco. ¿Por que agora sí?

Aínda non están aclaradas as causas do accidente e non se pode desbotar ningunha posibilidade. A posibilidade de que fora un atentado dun grupo terrorista nacionalista galego non se pode descartar aínda. ¿Por que descartala tan axiña? ¿Que interés hai en descartala?

Os terroristas son uns asesinos, criminais, e malnacidos que poden perfectamente  cometer un atentado que derive nunha traxedia como esta (e sabemos que xa o intentaron en veces pasadas). E alegraríanse de cometer unha desgracia deste calibre. É o seu obxectivo, non o esquezamos nunca. Así pois, que o Sr. Jorquera... resulta... 

¿E que pasa co resto das forzas? De risa.... por non dicir outra cousa.

En AGE, ou Anova, ou como se chamen,  a súa obsesión é relacionar os recortes co accidente. Unha actitude totalmente noxenta, que provoca vómitos só de pensar que se pode chegar a tal grao de ruindade. Facendo caso de artigos de opinión que saen na rede, e sen un mínimo de interese en contrastar nada, defenden a postura de que os recortes provocaron o accidente e ¡defenden a morte ao maquinista! 

Non vamos a debatir aquí sobre como funcionan os trenes porque é inutil falar destes temas con ignorantes que se cren todo o que len e agora van de técnicos (nós levamos anos, porque somos xente culta e curiosa, coñecendo cómo funcionan os trenes, qué sistemas usan, que é a alta velocidade, qué é unha baliza, cales son as funcións dun maquinista....). Xente ignorante, que se cre o que lles parece e que ocupan cargos públicos. ¡E divulgan a súa ignorancia polas redes sociais!

E o "vello" é o cabecilla deles. Tiñámolo por unha persoa intelixente e ben formada, pero parece que se o quitas da política e a economía, do resto non sabe nada. Un inculto, vamos. Porque cultura é saber de todo, non solamente do "seu". Aínda non sabemos cómo pode escribir no twitter e facebook (bueno, chíannos por aí que "llo escriben"...)

En fin, que ante este panorama, está visto que os que presumen de estar con Galiza son os que peor se portan con ela e os que se aproveitan das desgracias dos galegos para facer política. A iso chámase carroñeros.

No hay comentarios: