A nova destes días con é máis que o reflexo do que xa denunciamos aquí hai xa dous anos:
O entorno da Burga, abandonado polo Concello
É unha vergoña que en dous anos non se fixera nada, salvo corta-lo paso a vehículos. E logo a xente aínda se sorprende de que pasen cousas... e menos mal que non houbo desgracias personais, que podería habelas.
Esta é a noticia que saltaba aos medios:
La crecida del Ulla engulle el acceso a la burga de TeoE os responsables do Concello, raudos e veloces para botar balóns fora, ultimamente xa son demasiados os balóns que teñen que botar fóra que xa se podían xuntar con Urdangarín, experto en balóns, e así foron as súas reaccións:
El servicio de Protección Civil de Teo acordonó ayer por la mañana este vial, que no es la primera vez que sufre un problema de estas características, aunque el anterior desplome fue de menor entidad, en otro punto de la misma carretera y también en un momento de climatología adversa.
Protección Civil xa estivo alí para sinalizar a zona indicando que queda prohibido o paso. Trátase dunha vía na que dende o 2010 non se permite o acceso de vehículos. Esta decisión xa se adoptou pola perigosidade desta estrada que ten presentado problemas de fundimento nas beiras con anterioridade.¿Que podemos dicir? Dous anos sabedores do problema e dous anos sen facer NADA. Incrible.
Web do Concello de Teo.
Chover chove e os encoros ábrense.Dende hai unhas horas o Ulla levouse 25 metros dun acceso peonil á Burga (Pontevea)Polo que parece, a culpa é da chuvia (obvio) e dos encoros que se abren. Lóxica aplastante. É culpa de todos menos dos que estiveron dous anos sen mover un dedo para arranxar a situación.
Twitter de Martinho Noriega
O acceso á Burga está garantido por outra estrada. Esta vía xa estaba pechada ó tráfico de vehículos.Patética resposta do Concello.¿Alguén escoitou algo de vaian a arranxa-lo problema?
Facebook do Concello de Teo.
2 comentarios:
Están demasiado ocupados coas charlas e mítines e coas regalías.
¿Por qué os postos de traballo da Piscina non quedan para traballadores de Teo? A empresa anda a enchufar a quen quere. ¿Para cando unha entrada sobre iso?
Publicar un comentario