lunes, 8 de octubre de 2012

A Web de Alternativa Galega dá risa...

Qué risas nos botamos lendo a web de Alternativa Galega. O mellor está no artico no que explican as bondades da nova páxina web. ¿Quen sería o artífice de tal despropósito de artigo? En fin, si estos son os que nos van gobernar...


Extracto do artigo:

César Santiso, concelleiro da Coruña e responsable nacional de comunicación de EU, indico [Isto pasa por meter a xente de La Coruña, que se lles vai o castellano...] que “en coherencia co noso programa, a nosa web inclúe ferramentas de participación cidadá e transparencia [Na web o único participativo é o Facebook e Twitter, os comentarios aos artigos están pechados, ¡viva a libertade de expresión!], como non podía ser doutra maneira e a [sic] diferenza doutras forzas políticas facemos o que dicimos, así propoñemos que os galegos e galegas poidan democraticamente revocar as Leis que consideren inxustas e ineficientes antes de iniciar o seu trámite parlamentar [sic] mediante ferramentas de voto electrónico como sucede noutra [sic] democracias máis avanzadas como Finlandia ou Islandia ou a través de referendo popular.

Asemade propoñemos unha Lei de Transparencia que permita á cidadanía poder controlar e inspección [sic] a acción de goberno e a actividade institucional, tanto na Xunta de Galicia como das Administracións locais galegas, mediante o acceso aos expedientes administrativos, até onde permita a lexislación (Lei de protección de datos), nomeadamente todos os datos relativos aos expedientes de contratación e subvencións [Esto último, con tal redacción, non se entende nin papa].

Xa que logo [Qué cursi, ¿non?], comezamos a aplicar as nosas propostas de empoderamento da cidadanía na nosa propia organización, tanto coas actuais ferramentas participativas de cara a [sic] campaña [Á parte do Facebook, Twitter, e Google+, ¿que outras ferramentas teñen?] como as que incorporaremos para o desenvolvemento da actividade do grupo parlamentario [¿Cales son esas ferramentas? ¿Por que non as nomea? ¿Existen? Qué van existir...].

Tamén aplicamos a transparencia na nosa web, amosando en directo os actos centrais de campaña [¿Iso é transparencia? Iso é propaganda electoral; ¿acaso o resto de grupos agochan as datas de celebración dos seus actos de campaña? ¿Qué clase de transparencia é esta? ¿Están de broma? ¿Tómannos por tontos?] e subindo posteriormente a [sic] web os vídeos íntegros en calidade sen cortes [Pois preferimos un vídeo editado, que a ver quén pode aguantar dúas horas de vídeo... A edición non é censura, senón adicarlle unhas horas de traballo para facilitarlle as cousas ao votante... pero iso supón tempo e traballo. Non nos queiran vender transparencia cando queren dicir que teñen poucas gañas de traballar], como fan o resto de forzas políticas [¿Todas fan iso, están seguros?].

Santiso explico [Outro ramalazo Coruño...] que estas ferramentas estan [sic] a ter unha grande aceptación entre os cibernautas, así por exemplo mentres máis de 500 persoas ateigaron o local no acto de Teo do pasado sábado [¿E logo onde foron parar os utros 500 que seica Martiño encheron o restaurante Pórtico? Moi mal Martiño, pilláronte os teus propios colegas...], onde, case outro medio millerio de persoas seguiron o acto en directo a través de streamen [Está claro, Martiño contou con estes outros 500 ---que non foron 500 senón menos de 300, xa están a mentir...--- , que non se sabe moi ben cómo, tamén ocuparon espacio no Pórtico... ¡qué cousas hai que oír!... E non vos perdades o palabro "streamen"... dito por un director de comunicación... ].

Artigo completo en: http://alternativagalega.com/alternativa-galega-de-esquerda-presenta-sua-web-centrada-na-participacion-cidada/




2 comentarios:

Anónimo dijo...

"A Web de Alternativa Galega dá risa..."

...pois anda que este blog...

Anónimo dijo...

anda! este parece que tomaba en serio este blog... pero hai xente tan inocente por chamalos dalgún xeito? ja ja