viernes, 21 de septiembre de 2012

AVISO: Nova ondanada de roubos en Teo

Este é un aviso para que a xente teña precaución: estase a detectar unha nova onda de roubos e intentos de roubo en Teo.
As últimas novas que temos apuntan a un intento de roubo no Gadis de Cacheiras polo método do butrón (os ladróns a punto estiveron de acceder ao interior pero saltou a alarma), e outro no supermercado Dia do Montouto, neste último caso levaban días preparando unha serie de túneles a través do teito para acceder ao seu interior.
Informamos de todo isto para que a xente se ande con ollo, xa que ao ser intentos frustrados, non chegan aos medios, pero isto é o que hai.


No hay comentarios: