martes, 3 de abril de 2012

O río Ulla contaminado, e o alcalde precupado por outros lares...

Mentras o río Ulla sofre un verquido, agora descoñecido, non vaia ser que sexa culpa do Concello, o noso alcalde anda preocupado polo Eume, por unha catástrofe ecolóxica (que os técnicos e ecoloxistas están a descubrir, para tristura de PSOE e BNG e Irmandiños, que non é tan grave como se cría) en manifestacións que "cheiran" máis que os verquidos....

En fin, é o que ocorre por ter un alcalde "mediático", máis preocupado de saír nos medios que de estar ao frente dun concello "descabezado" e máis á deriva que nunca. Volvemos aos tempos nos que pediamos un concello desbloqueado.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Ó alcalde góstalle moito amosarse amabel e cercano. É un tipo listo

Anónimo dijo...

a contaminacion viña desde Vedra e Padrón! pq sempre ten que levar a culpa Teo? informádevos, que os da xunta buscaban en Vedra e Padrón a orixe, o tramo de Teo estaba afectado pero non era o causante

Anónimo dijo...

definitivamente, desbloquearteo é un grupo do pp.

Anónimo dijo...

A estes do bloque como lle critiquen algo xa lle votan a culpa ó pp.¿non se cansarán de dicir: que ven o lobo, que ven o lobo...?. Pero se os lobos son eles...
A verdade é que non sei se desbloquear é do pp ou do papa. ¿pero ata agora de quen era logo? porque a favor do pp non botaba. O que está claro que o bloque non acepta as críticas. Ese ó un feito constatado. Vaia por Dios, muller e morreches, nunca tan caladiña te vin.....jajajajajajaj