Francisco Jorquera (BNG)
Parte dun presente bastante bo e parece que ten bastantes oportunidades. Quizais saque bos resultados pero iso non lle quitará que se sinta fóra de lugar, como si a nova situación se lle quedara "grande", sen saber moi ben que facer ou como actuar.
Alfredo P. RubalcabaO pasado non lle axuda xa que procede dunha época dura, pero ten forza e ganas e avanza con decisión cara o futuro. Sobre a súa traxectoria profesional, o tarot lle augura que o 20N non será o seu final, senón só un cambio, un punto de inflexión. Seguriá traballando nunha nova etapa política da súa vida, non suporá unha ruptura definitiva coa política. De xeito que exercerá o seu papel na oposición.
Mariano RajoyTen moita forza e interés, sabe que é a súa oportunidade e que vai a gañar. Pero aínda así haberá momentos nos que se sinta só a pesar de te-lo éxito de fronte. Sentirá que lle faltan apoios. O que nos fai deducir que non obterá maioría absoluta, o que resulta sorprendente.


