jueves, 26 de mayo de 2011

Xa se coñece o futuro de Armando Blanco

Xa é un rumor xeneralizado o futuro de Armando Blanco. A nosa pitonisa xa pronosticou que Armando non estaría na política de Teo, e nós xa adiantamos que seguramente fora tentado por un cargo na Xunta.

Pois parece que os rumores xa se fixeron máis fortes e parece xa confirmado que Armando ten asignado un cargo na Xunta. Non sabemos exactamente de que, pero imos arriscarnos e dicir que o máis probable é que sexa algo relacionado coa emigración (Secretaría Xeral de Emigración).

O caso é que se confirma (case) o seu ascenso a un posto da Xunta. E dicimos o de ascenso porque ata se coñece o que podería cobrar. Non o imos diicr aquí porque non o podemos asegurar, pero todo apunta a que recibiría un soldo maior que o de alcalde de Teo, o cal reforzaría a teoría de que non se presentou á alcaldía porque obterá maiores beneficios (e menos dores de cabeza) con este postiño.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

¿ Haberá no pasillo da secretaria de emigración da xunta unha máquina expendedora de tortillas ?

Anónimo dijo...

Para que coño vas a estudiar si al final llegan todos los enchufados a la xunta... que verguenza !

Anónimo dijo...

Tamén collistes a mellor foto, joder que pintas

Anónimo dijo...

Con cebola ou sin cebola ? pero acompañada de un riojiñaa

Anónimo dijo...

LA-MEN-TA-BLE!!!