lunes, 2 de mayo de 2011

TAROT de Armando: "Horrible. Nada en política"

Comenzamos coas perspectivas políticas de Armando. Lembramos de novo que a tirada das cartas, perdón, arcanos, fíxose ao xeito tradicional, onde unha persoa pregunta polo futuro, neste caso profesional, doutra. A "pitonisa" non ten por qué coñecer a esa persoa e limítase a ler o que pon as cartas. E este é o resumo do que nos contou. Tamén poñemos unha foto dalgúns deses arcanos que foi sacando a profesional disto.

FUTURO DE ARMANDO
Horrible. Nada en política. Xa "caducou". Vese que aínda o ten no seu pensamento, pero non asenta. Mantén un certo equilibrio, pode ser que o intente, pero vese que  está bastante dolido pola falta de apoio recibido. Incluso vese como un pouco descoidado e lle faltan forzas porque non atopa apoios.



Lectura de DesbloquearTeo: ¡Quedamos sorprendidos! A tarotista foi quen de dicirnos o que realmente se cumpliu: que Armando estivo intentando levar a cabo o seu grupo político pero que desistiu por falta de apoios. Repetimos que a pitonisa non coñecía á persoa...

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Din polos mentireiros que Leis está a manter conversas con guerra para un posible pacto. ¿eso non o din as cartas?

DESBLOQUEAR TEO dijo...

O xoves sae a predición de Leis, e desde logo que aparece algo do que di este anónimo ao respecto das conversas...

Anónimo dijo...

Sí eu vin a Leis, A Guerra, A Núñez Feijóo e a Pachi Vázquez mantendo conversas para firmar o pacto. Chamarase o Pacto da Pitonisa en honor da bruxa que o pronosticou.
Cando eu marchei de alí xa estaba todo amañado. A Martiño vanlle regalar unhha gorra con colgantes e un cruceiro polo Caribe de 4 anos de duración, sen regreso, e a Parajó danlle solares no deserto do Sahara para facer apartamentos e venderllos aos jeques árabes.
Meigallos fora. Arrenejado sea o demo.

Anónimo dijo...

A ver si vos aclarades un pouco:
o voso Martiño di que o pacto era Armando, Parajó e o PSOE. Claro, falloulle Armando e agora quedou ó descuberto.
Para arreglalo sale a pitonisa esta e di agora que o pacto é PP e PSOE o cal quere decir que o BNG vai ter un mal resultado, pero por outra parte ides vos e decides que o BNG vai arrasar, pero logo poñedes como un campeón a Parajó e Parajó, según Martiño, está na liada do PSOE e do PP.
¿Como se come todo esto?
Mirade, un consello, a este paso o millor vai a ser chamar a Armando para que veña a arreglar a empanada da vosa pitonisa.

noticiasdeteo.blogspot.com dijo...

AMIGOS DE NOTICIAS DE TEO:
¿QUIEN GANARÁ LAS ELECCIONES EN TEO?
O XOVES ÁS 22:00 FECHAREMO-LA ENQUISA ANALIZAREMOS OS RESULTADOS.
LOGO DO INICIO DA CAMPAÑA ABRIREMOS OUTRA COA INTENCION DE VOTO.
SEGUIDE VOTANDO, SEGUIDE LENDO, SEGUIDE OPINANDO EN LIBERDADE EN noticiasdeteo.blogspot.com

Anónimo dijo...

¿Por qué se marchou Javier Barbero do psoe de teo?¿e Balbina? ¿e todos os demáis? a Valentín Carrera póñeno fino no Azotador, eso que a eles non lles gusta insultar. ¿Alguén se preguntou nalgún momento por qué marcharon todos os que marcharon? ¿É moi raro que todos coincidan en arrancar sendo de distintas xeneracións non? ¿porque si aínda fosen na misma petada? ¿ou non?. Claro, a culpa é toda dos blogs estou seguro.