martes, 24 de mayo de 2011

A sala NASA podería asentarse en Teo

O titular de que a sala NASA podería asentarse en Teo é unha elucubración nosa sacada despois de escoitar nunha entrevista na radio este mesmo luns, que a sala depende das subvencións do Concello de Santiago e que temen que as perderán debido á animadversión declarada de Conde Roa contra esta sala (lembremos que Conde Roa chegou a acusar á sala NASA de facer homenaxes a terroristas). Na entrevista, o seu responsable comentaba que estaban a estudar a posibilidade de asentarse nun concello limítrofe a Santiago. E nós pensamos, ¿qué concello sería o máis axeitado? ¿Non estarán pensando en Teo, debido a que goberna o BNG en maioría?

Nós cremos que sería unha boa noticia para Teo contar cun espazo cultural como a sala NASA, que xa leva funcionando máis de 20 anos e na que se forxaron moitos dos artistas galegos (os actores/actrices que saen nas series da TVG pasaron moitos por ahí). E todo isto dicímolo a pesar de que non nos sintamos moi identificados con certo tipo de arte. Pero que non nos guste a ópera, non quere dicir que non apostemos por facer en Teo un festival de ópera. Aquí o que importa é que Teo empece a ser un referente cultural, e a sala NASA sería un bo xeito de poñer a Teo no "mapa" cultural galego.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

UNO

Anónimo dijo...

QUE BENNNNNNNN !!! teo kapital da cultural !!! a maioría do bng fai do noso concello 1 lugar para os exiliados politicos victimas do radicalismo pepero, MOI BEN MOI BENN OLEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEE

noticiasdetoe.blogspot.com dijo...

Ultima hora:
Jano Leis, dimite.
Léelo en
Noticiasdeteo.blogspot.com

Saludos.

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

¡¡¡ ULTIMA HORA !!!

JANO LEIS ABANDONA A POLITICA

http://tamensomossocialistasdeteo.blogspot.com/

Anónimo dijo...

Nos tamen apoiamos á Sala Nasa para que veña a Teo a chupar do orzamento municipal... mentras as asociacións culturais e veciñais seguiremos mendigando ao despacho da profesora Hermida