viernes, 20 de mayo de 2011

¿Quen vai pagar todo isto?

No acto de fin de campaña os partidos están a botar a casa pola fiestra e parece que non van reparar en gastos... Xa comentamos que o importante é arañar votos e para iso non se andan con tonterías. Pero, se hai crise, ¿quen paga todo isto? Pois ben, dependendo co caso, pagan uns, ou pagan "outros"... Hoxe non poremos os nomes e apelidos de quen afronta tales gastos, pero mañá... mañá será outro día...

Repasamos o despregue dos partidos para este venres:

INTEO. Fin de campaña no Restaurante San Martiño. Desta vez haberá pinchos a encher, para resarcirse do primeiro acto da campaña. parajó non defraudará aos seus desta vez.


PSOE: Fin de campaña en Pórtico, sede habitual do BNG. Haberá pinchos e así o anuncian, ademais de música, para que a xente o saiba.


BNG: Fin de campaña no Pazo de Adrán. O sitio con máis "nivel", que para algo irá o sr. Beiras. Aínda que non se falaba de pinchos a encher, parece ser que algún refrixerio sí que se servirá.


PP: Fin de campaña na Ramallosa, o feudo do número seis da lista. Haberá festa rachada, que paga o "presi". Na foto podedes ver parte do desprege: volvemos ás carpas, música e comida a esgalla.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola amigos do PSOE. ¿Sabiades que Jano tiña pensado manter conversas con BEA y punto do blog una gota de lluvia? porque a él gustáballe moito o punto de vista dela e interesáballe saber como pensaba. ¿non o sabiades? Pois xa o sabedes. Ánimo que igual sacades algún voto pola Ramallosa

Anónimo dijo...

Que hai que facer para ser reporteiro do desbloquearteo ? a onde vos mando o curriculum ? estou impresionado .

Anónimo dijo...

Síiiiii que fala festa con churrasco e polvo, que así cando a xente o escoite falar, se dará conta de que é imposible votar a un home así. Cando máis fala máis a caga.