viernes, 6 de mayo de 2011

Parajó: «Hai xente con traballo grazas a InTeo»

Entrevista en La Voz de Galicia ao candidato por InTeo. Este home, que parecía un pouco desaparecido, ante as eleccións estase a mover, e moito, dando caña por todos sitios. Xa lles gutarían a outros doutros partidos acaparar tanto espazo nos medios como Parajó. Non se lle pode negar que está currando moito nestas eleccións.
Algunas das perlas desta entrevista:
  •  «non haberá maioría absoluta»
  • «abriremos unha oficina municipal en Calo para dar servizo a estes veciños» 
  •  «hai moita xente con traballo grazas a InTeo»
Nós xa demos o noso vaticinio, confiamos no poder dos astros, e lamentablemente Parajó con mellorará os resultados obtidos, quedando como estaba (ou peor, non sabemos). Pero alégramos saber que traballa pola súa causa a pesar de non ter detrás unhas siglas de partido.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

En Mahía ....ou nalgunha inmobiliaria...Aupa Florencio Manuel Pajaróoo

Anónimo dijo...

¿Cante lle terían que pagar polo posto de traballo?

Anónimo dijo...

eses favores hai que pagalos toda a vida.Prefiero la muerte.