lunes, 9 de mayo de 2011

Martiño mexa fóra do cacharro...



No mitin do sábado Martiño debía de estar eufórico e perdeu un pouco esa timidez súa, e soltou algunha perla que xa foi comentada por este blog. Nós fixámonos nun detalle, sempre nos fixamos nos detalles porque son reveladores, cando fixo referencia ao alcalde de A Coruña, mofándose da súa forma de falar como "castellano bien cerrado; practicando o coruño" (min. 10:35). Ou sexa, que o noso alcalde Martiño mófase de:
  1. Que un político empregue o castelán como lingua habitual (que nós saibamos, de momento galego e castelán son linguas oficiais de Galicia)
  2. Mófase do seu "castellano bien cerrado", é dicir, do que todos entendemos como "acento pechado". Ou sexa, que se mofa do ¡acento do galego! Normal, se seguimos escoitando o mitin e vemos cómo apela á súa orixe basca... 
  3. Mófase de tódolos coruñeses. A tópica loita Coruña-Santiago xa está máis que pasada de moda, e Teo aí non pinta nada como para que o alcalde de Teo desprecie á Coruña; porque despreciar a un alcalde é despreciar a toda a xente que representa.
Moi mal, Martiño... renegando dun dos maiores tesouros dos galegos: a nosa lingua. Igual quere que falemos todos ao estilo "madrileño", ou basco, non o temos moi claro.

20 comentarios:

Anónimo dijo...

¿o que di estas burradas é martiño ou son mucha e nucha? ay, non, que eses son da tvg-pepera....

Anónimo dijo...

Recoñezo que mexou fora do testo. Non o imos condenar por iso.

Anónimo dijo...

Alaaaaaaa.....outra vaca mais no mainzo! JAJAJAJAJJJJJJJJ....
Eiquí os únicos que deturpan a nosa língua son os profesionais? da TVGaita do PP (pública e que pagamos tod@s) metendo gazapos a esgalla e mais os bloggueiros deste panfleto que, polo menos, deben de seren de GB. Pero a verdade é que nos esnaquizamos coa risa do castrapo deste blogger. Por certo; non serán Vds. tamén racistas? Digo, polo de ollar a ascendencia das persoas. Jajajaajjjjjjjjj.....ala aí rubiño non te achiques! Seguide así que o pasamos de viciooo! Agora xa non temos que pagar para ir ao circooooo!!...Jajajajajj....Tráennolo a casa!...jajajajjjjjjjjjjjj.....

Anónimo dijo...

Que envexa lle tedes a Martiño ...

Anónimo dijo...

Miniñas da Cruña,
d' amabre despejo,
de falas graciosas
e pasos ligeiros,
deixá de Castela
os duros acentos:
falade, miniñas,
falade galego.

Cand’ é que vos ouzo,
a patria esquecendo,
falar esas duras
palabras de ferro,
non sei o que sufro,
non sei o que peno:
falade, miniñas,
falade galego.

Mas cando falades
nos patrios acentos,
envoltos no voso
angélico alento,
parece que escuito
un canto do ceo:
falade, miniñas,
falade galego.

Noticiasdeteo dijo...

Moi ben exposta a necedade de Martiño Noriega. Con elegancia e corrección. O que queríamos facer nos e non nos saiu polo xenio. Noraboa a o redactor

Anónimo dijo...

ESTE É O CHULO QUE TEMOS POR ALCALDE EN TEO. QUE A XENTE O VEXA. QUE CAIGA ESA MASCARA DE PROGRE FALSO. E QUE NON GOBERNE MAIS. A CULPA E DO PSOE POR ENVESTILO E NON FACERLLE MOCION DE CENSURA. E O PP POR PASAR DE TODO ESTES 4 ANOS. SODES TODOS UNS PODRANS.

Anónimo dijo...

O de cacharro.......non irá por D. Francisco Cacharro Pardo, nado na colonia galega de Guarromán (Jaen) no ano I do "Alzamiento Nacional" franquista.? Entón o de mexar fóra do cacharro ía por aí galopíns! Daquela alégrome moito que Noriega mexara fóra do cacharro e non enxuxara a tan ilustre "Cacique".

Anónimo dijo...

Mecachiss!! Esquecéuseme dicir que o Sr. Cacharro foi unha figura ilustre do PP. Xa está feita a rectificación. Ao César o que é do Cesar,(ad hoc)sen tilde; é a Martiño o que é de Noriega.

Anónimo dijo...

No es para tanto lo de que mea fuera, me pareció un discurso bastante correcto. Pense que sería peor.

Anónimo dijo...

Pois eu falo "koruño" e síntome ofendido. estes comentarios sobre a forma de falar da xente sobran. cada un fala para que o entendan, e se criticamos o acento, ou o idioma, ou o que sexa da forma de falar doutra xente, entramos en descalificacións innecesarias. Outro desprezo máis do noso ben querido alcalde. despois vai de dialogante e tolerante

Anónimo dijo...

Martiño e os seus seguidores fan co castelán o mesmo que facía FRANCO co galego.

Anónimo dijo...

Señor Baamonde,no se mate.Es usted un salvavidas más al que se agarra el náufrago pero si en algún momento llega un yate para poder subirse aél lo dejará en medio del océano.

Anónimo dijo...

quén é o señor Baamonde? Non será Bahamonde, francisco Franco? Non entendo este último comenterio

Anónimo dijo...

Non me asusta a maldade dos malos,
aterrorízame a indiferenza dos bos.
“Mahatma Gandhi”

Anónimo dijo...

Con lo de Bahamonde y Vaamonde , si que se os va algo la pinza...yo creo que lo unico malo del discurso es que es de la r. sociedad y no del celta...hoy esta en correo tv a las 8 y a las 11 y media creo.

Anónimo dijo...

Sr. Guerra; cómo lle quedou o corpo logo da súa entrevista en Correo TV, despois de ollar a do Sr. Noriega na mesma canle? Coincidirá comigo que onde hai nivel sobran as boutades. Aprendeu vostede algo? Non ohhhh! Vostede é dos que lle deixan copiar nun exame e catea. O de vostede é patético.! A quén insultou na entrvista o Sr. Noriega esta vez?. Mexou dentro ou fóra do cacharriño?. Foi prepotente tamén esta vez? O que fixo foi un exercicio de responsabilidade política e non vendeu motos a moreas.
Sabe que lle digo Sr. Guerra: Nada hai máis terríbel ca unha ignorancia activa! (Johann Wolfgan von Goethe) que tampuco quero presumir, jajajajaj,,,......Vostede vaia petando nas portas...toc..toc!

Anónimo dijo...

Non é de recibo que a estas alturas en Teo non dispoñamos aínda de piscina climatizada (dende hai 6 anos), dun centro de día, dun centro médico na Ramallosa, e dun centro deportivo cun equipamento mínimamente decente.


Jano Leis:
DNI: 77777999900000333 D

Anónimo dijo...

Ponme unha ginebra ben cargadiña .....

Anónimo dijo...

Si non hai cartos que carallo vai facer ?