viernes, 20 de mayo de 2011

Jano Leis abandonaría a política tralo 22-M

Os astros falaron de novo. E non é broma. A poucos días das eleccións, recurrimos de novo aos astros para comprobar si as predicións feitas antes da campaña electoral, se seguían cumprindo. E abofé que se seguen a cumprir, e desta vez a pitonisa aporta máis detalles.
Do PP, os astros non varían na súa predición, indicando que seguirán como estaban, non chegando a cumprirse os obxectivos buscados (que segundo o mesmo Guerra dixo, é a maioría absoluta).
Do Bloque, segue a indicarnos o mesmo, isto é, que se ve como o claro vencedor. Niso non hai dúbidas.
Para InTeo, a situación mantense, non chegando a acadar os tan comentados, por Parajó, tres concelleiros. Desta volta parece que se quedará como estaba.
Ao respecto do PSOE, os astros volven a comentarnos que Jano Leis entablará moitas conversacións, moitas xuntanzas e reunións. Moito diáologo. Pero que todo acabará en fracaso e que abandonará o seu proxecto, neste caso, político. É dicir, os astros auguran o fracaso socialista en Teo e a caía do seu líder, quen se marchará.

Nota: Para os incrédulos, só diremos que o que aquí detallamos provén dunha consulta real a unha vidente. Que desta volta os arcanos volvan a dar os mesmos resultados, a nós, polo menos, danos moito que pensar. Non cremos nas meigas, pero habelas, hailas.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

SE NON QUERES GUERRA, NON VOTES FRAUDE!

Anónimo dijo...

e dalle coa pitonisa, coa que está caendo non sería mellor que gastaredes os cartiños nunha ong, na cociña económica ou algo así?

noticiasdeteo.blogspot.com dijo...

Amigos, último día para votar no sondeo de noticiasdeteo.blogspot.com
A única enquisa que recoñece o IP e non permite votar de seguido co mesmo ordenador. ANIMÁDEVOS A VOTAR.
Saludos.

Anónimo dijo...

Parvo. Todas as enquisas recoñecen a IP. O teu non é as TIC amigo gordiño

noticiasdeteo.blogspot.com dijo...

Non é así querido seguidor, as enquisas que permiten repeti-lo voto tras borralas cookies do pc recoñecen pero non memorizan a IP, polo que facendo iso pódese volver a votar unha e outra vez. A enquisa de noticiasdeteo non te permite votar nunca dende o mismo punto malia borra-las cookies.
Unha aperta, e non vos olvidedes de votar.

Anónimo dijo...

esta pitonisa parece mais ben a bruja. e digo eu, neste blog que tanto falades de austeridade en tempos de crise, resulta que estades a gastar os cartos nunha pitonisa, ole tus narices, que vos contradecides vos mesmos, se queres austeridade empeza por dar exemplo.

Anónimo dijo...

mais barato sae pagar a unha pitonisa que facer unha enquisa, non? Canto se gasta o goberno no INE para facer estatísticas? Millor nin pensalo...
e ademais cadaquén gasta o que lle peta onde lle peta, que non son un partido politico e non teñen que rendir contas a nadie