viernes, 6 de mayo de 2011

Guerra: decepción e ¿lobo con pel de año?

O candidato polo PP, Guerra, cada vez nos "descoloca" máis. Ten algunha reacción que non se sabe moi ben por onde tomala. Na entrevista que lle fan en La Voz de Galicia dí unha frase que nos descolocou:
"Imos gañar as eleccións por maioría absoluta. E do resto, dá igual."
En primeiro lugar, non explica (nunca o fixo) en qué se basea para facer tal afirnación (nós polo menos recurrimos a unha pitonisa e noutro blog fixeron unha mini-enquisa, métodos que poden ser criticables, pero polo menos non "inventamos" o que dicimos). 
E en segundo lugar, ¿qué quere dicir con "E do resto, dá igual"? Pode querer dicir varias cousas:
  • O imporante, o obxectivo final, é obter a maioría absoluta
  • Unha vez conseguida, o resto, é dicir, o resto dos partidos, dá igual, serán despreciados.
  • Unha vez conseguida a maioría, o "resto", é dicir, as cousas prometidas durante a campaña, darán igual, porque o importante era ter a maioría.
  • Só conta con obter a maioría. Calquera outra situación non a ve factible e de ocorrer, él non estará alí para velo, porque non pensa seguir en política se non gaña. Dimitira e listo, así de doado. Xa ten quen ocupe o seu lugar (¿Pallas, quizáis?).
Non atopamos outra explicación. Se alguén a ten, que a dea. Pero en verdade, é para asustarse.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Qué foi de toda aquela campaña orquestada do pacto Parajó, Armando e Leis para facerse co poder en Teo e botar a Martiño? O que pasou é que as mentiras terminan descubríndose, como moitas outras que se foron lanzando nos últimos tempos.
A martiño quen o vai botar do poder é o pobo. Xa o veremos o día 22. Vai haber algo máis que choros.

Anónimo dijo...

Sí pois prepara os panos que che van a facer falta

Anónimo dijo...

Pero.....¿quen lle aconsellou a Leis que puxera esa foto para a campaña? dende logo, non ten sentido.

Anónimo dijo...

A ver si falamos clariño blogueiro:
Guerra non é un lobo con pel de año.
Era ao comenzo un año con pel de lobo, pero a falta de ideas, propostas, claridade, o non falar en público, leer todo o que lle poñen, etc......fixo que se lle vise o pelo, ou digo a pel. A pel vuou é o añiño quedou...........
Como se dí "De onde non hay non se pode sacar".
Qué magoa.

Anónimo dijo...

Medo me dá este home.
Maioria absoluta Y PUNTO.
¿Sabe algo de democracia?,
¿Non se da conta que o das maiorias absolutas morreu antes de chegar a liberdade a este país?.

Si o resto da igual..........¿Qué implicación ten este home na loita polo ben do concello ainda que sexa na oposición?.

Non fala en público, as entrevistas respondenas por el, só sabe decír que o fixeron mal os de antes, ¿que fixeron mal Sr. Guerra, pode decilo, explicalo, razoalo?.........Dubido moito.

Anónimo dijo...

Cuñaaaaooooaaaooooo! Qué mas están dando con queixoooo!
Pobre home! O que coñeza un chisquiño ao Sr. Guerra saberá moi ben que sae das "cavernas", políticamente falando. Outra cousa ben distinta é que entra e sae das "tabernas" onde fai os mitíns.
A cúpula do PP decatouse, caíu da burra e agora úsao coma un clinex. Este homiño non deixa de seren un "populista" que en canto lle leven a contraria con razoamentos, vai é entón insulta simplemente por carecer de argumentos. Álvarez Campana, Carlos Negreira, Ovidio Rodeiro.....por qué me abandoastes? Sr. Guerra, a resposta sábea moi ben vostede. Había que chimpar a Armando e a escolla foi buscar un chivo "expiatorio", aínda a sabendas de que Vd. non daría a talla; políticamente falando, craro. É para mais INRI vai Vd. e leva unha lista propia dunha comisión de festas. Deséxolle moita sorte, pero dame que non vai poder ser....mágoa de home! Moitos amigos namentres resista a carteira e lle rían as grazas, que tampouco son moitas.

Anónimo dijo...

Quiso nuestra fortuna que la conversación del Zaide, que así se llamaba, llegó a oídos del mayordomo, y hecha pesquisa, hallose que la mitad por medio de la cebada, que para las bestias le daban, hurtaba, y salvados, lena, almohazas, mandiles, y las mantas y sabanas de los caballos hacia perdidas, y cuando otra cosa no tenía, las bestias desherraba, y con todo esto acudía a mi madre para criar a mi hermanico. No nos maravillemos de un clérigo ni fraile, porque el uno hurta de los pobres y el otro de casa para sus devotas y para ayuda de otro tanto, cuando a un pobre esclavo el amor le animaba a esto. Y probosele cuanto digo y aun más, porque a mí con amenazas me preguntaban, y como niño respondía, y descubría cuanto sabía con miedo, hasta ciertas herraduras que por mandado de mi madre a un herrero vendí. Al triste de mi padrastro azotaron y pringaron, y a mi madre pusieron pena por justicia, sobre el acostumbrado centenario, que en casa del sobredicho Comendador no entrase, ni al lastimado Zaide en la suya acogiese.

Anónimo dijo...

Señor Guerra:
Si usted y su partido tanto alardean de proximidad, comunicación, cercanía, etc..........
Yo me pregunto:
¿Por qué en la página de su partido en Teo, no permiten que se hagan comentarios a las noticias que ustedes publican?.
¿Por qué cualquier ciudadano que tenga alguna inquietud, reflexión o incluso crítica se encuentra siempre con la misma frasecita..."coments closed"?.
¿Sabe Ud. lo que significa closed?
¿O es que solo quieren que salgan las noticias de ustedes, a su manera,y sin críticas?.
Criticar, con argumentos o sin ellos siempre es constructivo y da pié al diálogo.
¿Diálogo......sabe lo que és Sr. Guerra, o lo suyo es un simplón monólogo sin dar la oportunidad a que nadie discrepe con Ud.?
Obviamente no espero que usted lea y menos que me responda, (para eso tendrá a algún lacayo), pero bueno......
¡¡¡ Qué dios le bendiga y el pueblo se lo reclame !!!