lunes, 23 de mayo de 2011

En DesbloquearTeo xa adiantamos os resultados, pero ninguén nos creu

Uns resultados tan sorprendentes, non só pola maioría absoluta do BNG senón polo desplome do PSOE, non eran doados de precedir. Pero en DesbloquearTeo fomos os únicos que atinamos ao 100% estes resultados! Todo, grazas aos astros e a unha pitonisa. Tales acertos dánnos para pensar e ata crer nestas cousas... ¿a quen non?

Lembremos o que vos diciamos a modo  de presaxio aló polo 5 de maio... Que o BNG obtería a maioría absoluta; "o que queira, cando queira" era como titulabamos a entrada. E cumpriuse. Sobre InTeo diciamos que non ía acadar o que Parajó pensaba (falou de 2-3 concelleiros) e cumpriuse. Comentabamos que Parajó podería pensar en deixa-la política; para ver isto teremos que esperar. Do PP diciamos que era un "quero e non podo", ou sexa, que quedaría igual, non chegando a acadar a maioría absoluta. Do PSOE, o máis difícil, nós adiantabamos "derrúmbaselle todo". E atinamos ao 100%! Na última predicción falamos que de Jano deixaría a política; tempo ao tempo, veremos se dimite tra-la debacle electoral (case obtivo os mesmos votos que Parajó).

Con este panorama, ¿non é para crer nos astros e estas cousas? Moito máis efectivo que as enquisas... e máis barato!

E seguindo con prediccións, isto vai para Martiño... Seica os planetas están ben alineados coa Lúa e todo iso é favorable para Martiño ao ser Piscis. Non entendimos o que nos quixo dicir, pero todo apunta a que teremos alcalde para rato en Teo.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

si a pitonisa acertou foron cartos ben gastados, pero non era moi dificil de visualizar este desenlace

Anónimo dijo...

Buenoooooh! Isto foi cousa do polbo Pool!

Anónimo dijo...

¿noticias de Teo? non nos tades informando nada ben. Se sodes noticias de Teo, facede unha entrada como é debido.
O mesmo digo do azotador.

noticiasdeteo.blogspot.com dijo...

Noticias de Teo xa deu os parabens aos gañadores e está analizando os resultados polo miudo para facer unha análise completa.
Grazas.

Anónimo dijo...

O PSOE de Teo anda desaparecido... non teñen nin a decencia de felicitar ao gañador. O PP sí que o fixo... teñen máis clase...

Anónimo dijo...

Teo aberto. Unha xanela informativa jajajajajjajajajajajjajaj.

Anónimo dijo...

Que hable Leis!
Que hable Leis!
Que hable Leis!
Que hable Leis!
Que hable Leis!

Anónimo dijo...

Para saber perder hai que ter tanta clase como para saber gañar. Isto di moito de certas persoas.

Anónimo dijo...

Por moito desembarco da Xunta do PP en Teo para arroupar a Guerra levaron un "Ostión" con soamente 6 concelleiros. E iba dicindo que non pactaría co BNG, pois agora o que ten que facer, a vista do seu resultado, é presentar a súa dimisión como o Jano, ningún dos 2 despois disto voltarán a ser alcaldables. 4 aniños perdidos para estos 2 partidos. Ata próxima.

Anónimo dijo...

O do PP o tal Gesto que lle debe gustar moitas as festas e as payasadas, que sigua cantando "De donde somos "De Teo" vamos a por "Ellos" oe oe oe,

Anónimo dijo...

Lo mejor es ver la página del PP-Teo a 23 de Mayo. Se autofelicitan por conseguir en todas las mesas más votos que en las anteriores elecciones. Que nivelón de candidatura. Necesitan unas clases de matemáticas. Veamos: si hay más votantes posibles en total y encima van a votar más ... conclusión: para conseguir los mismos resultados necesitas más votos. Pero los demás también han necesitado más para ganarte, amigo. Es que, cada uno a lo suyo... Guerra xa podes "petar na porta" ... da saída.